Orixe
Xusto cando acabo de ler a novela Orixe, de Séchu Sende, atópome en Culturagalega.org unha recensión titulada Era postPrestige. Libro I, de Ana Salgado, de Santiago.Nesta recensión ponse Orixe en diálogo co Retorno a Tagen Ata de Ferrín e co O cervo na torre de Darío Xohán Cabana (dúas magníficas novelas, desde o meu punto de vista) e cualifícase a obra de política ficción e alegoría nacional que mestura ficción e realidade cun certo ton doutrinario e unha correcta incorrección política.
A obra entretece ao longo das súas páxinas dous temas “eternos”: amor e compromiso sociopolítico, pero non creo que a novela sexa de política fición e moitísimo menos que sexa de alegoría nacional. Eu non poñería nunca esta novela en diálogo nin con Retorno a Tagen Ata nin con O cervo na torre. Nestas dúas o que está por diante é a patria, a nación, mentres en Orixe anteponse claramente a sociedade, o compromiso social. Xógase –e incítase– a cambiar a realidade, a activar a sociedade, a comprometela no seu desenvolvemento, cun compromiso moito máis social que patriótico. Nós somos a sociedade, polo que de nós depende o seu desenvolvemento, a súa liberdade, a súa xustiza, a súa activación, a súa non-pasividade.
Véxoo claro: moita máis incitación político-social que político-patriótica nunha magnífica historia de historias políticas e poéticas.
Nós podemos facer da sociedade o que queiramos que sexa.
01/06/2004 13:22
Comentarios » Ir a formulario
![]()
Autor: caladinha
Mira tal, empezo a entender o que debía ter en mente a nova menestra cando falaba de "solucións habitacionais".
Fecha: 01/06/2004 17:18.
![]()
Autor: caladinha
Por certo, o novo deseño visual moito mellor, pero a navegación é liosa, unha vez entras para facer un comentario volver atrás non é doado, non hai nin botón de retorno nin listado dos ficheiros.
Fecha: 01/06/2004 17:21.
![]()
Autor: paleón
curiosamente onte empecei a ler Orixe, curiosamente onte cruceime coa autora da recensión...
Concordo con Caladinha no do deseño visual :D
Concordo con Caladinha no do deseño visual :D
Fecha: 01/06/2004 20:32.

