Conciencia nacional?
O sábado tiven que asistir a unha asemblea na miña parroquia. O tema era sobre un monte da comunidade que se lle alugou a unha empresa. O terreo que se lle cedeu era duns 5.000 metros, e a empresa desterrou uns 19.000. A cuestión era como amañar agora iso: retirarlle a concesión?, pedirlle indemnización?, denunciala?, etc. Á asemblea asistiron unhas 200 persoas, todas bastante participativas. Un dos asistentes pediu a palabra e comezou a falar en castelán..., sorrisos e murmurio..., entón alguén dixo en voz alta: e logo ti non podías falar en galego, para que todos che entendamos? Aplausos (e risas) de todos/as os/as asistentes. A continuación reproduzo os resultados das Eleccións europeas 2004 na miña parroquia:
PP: 193 votos
PSOE: 80 votos
BNG-GALEUSCA: 41 votos
IU: 2 votos
Outros: 0 votos
En branco: 0 votos
Nulos: 0 votos
Censo: 625
Votantes: 316
Porcentaxe de participación: 50,56%
Conciencia nacional?
14/06/2004 18:14
Comentarios » Ir a formulario
![]()
Autor: paleón
compañeiro, a lingua só nos dá de comer a uns cantos :(( á maior parte da xente non ten conciencia de case nada (salvo o peto claro)... Decirche que eu tamén estiven nunha mesa (non moi lonxe da túa), e nós (BNG) só quitamos 28 votos... lembroume a resultados de cando se elixe delegado na clase :)
Fecha: 14/06/2004 17:54.
![]()
Autor: Depósito
Coa anécdota da asemblea de comuneiros do sábado quería reflectir que conciencia de lingua si hai. A xente comezou o murmurio cando un comezou a falar en castelán e aplaudiulle ao que lle pediu se podía falar en galego.
O dos datos electorais era para ofrecer o contraste.
De todos os xeitos, o obxectivo de Camilo en Europa foi cumprido.
O dos datos electorais era para ofrecer o contraste.
De todos os xeitos, o obxectivo de Camilo en Europa foi cumprido.
Fecha: 14/06/2004 18:13.
![]()
Autor: Xosé Antón
Pois na miña máis do mesmo. Casi empate técnico entre o PP e o PSOE (uns 150 cada un) e BNG-Galeusca: 38 (exactamente os mesmos que tivemos nas Xerais aínda que daquela votou o dobre de xente). "Malos tempos para a lírica" como diríxan os Golpes Baixos.
Fecha: 14/06/2004 23:12.
![]()
Autor: Abrilsempre
Entóm tamém pode ser que nom transmitamos que somos os representantes legítimos da lingua galega (polo menos com respeito aos partidos estatais). Será que falamos pouco de lingua?
será que esa gente que pedia que se falase em galego o pedia porque relaciona o castelán co senhoritismo?
será que esa gente da assembleia de comuneiros coida que o galego serve para tratar os temas dos comuneiros, pero que para outras cousas já está o castelám?
Será que a lingua nom se relaciona coa política?
?????????
nota: Eu voto por Paleón para delegado...
será que esa gente que pedia que se falase em galego o pedia porque relaciona o castelán co senhoritismo?
será que esa gente da assembleia de comuneiros coida que o galego serve para tratar os temas dos comuneiros, pero que para outras cousas já está o castelám?
Será que a lingua nom se relaciona coa política?
?????????
nota: Eu voto por Paleón para delegado...
Fecha: 14/06/2004 23:20.
![]()
Autor: paleón
sinto moito,pero o meu cargo de vocal da Comunidade de veciños impídeme compatibilizar este co de delegado...
Fecha: 15/06/2004 00:41.
![]()
Autor: xisbe
Parafraseando a Castelao, en galego non se protesta,chórase.
Penso que Abrilsempre está acertado.
Penso que Abrilsempre está acertado.
Fecha: 20/06/2004 17:58.

