Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

A ver se isto vai adiante!

lingua.jpgDespois da presentación do XP en galego, do corrector ortográfico 2.mil3, do novo filme de Shin Chan e de Pinocho 3000, da aceptación de traballos en galego por parte da UNED, do cambio de rumbo do SNL da UdC, do compromiso co galego do Corpo Nacional de Policía, dos plans de normalización da UV, da USC, do Concello de Santiago e do Concello de Ferrol, da creación de novos SNL, das iniciativas galeguizadoras da Federación de Colexios Relixiosos, etc., parece que nos últimos días hai algunha outra boa nova para a lingua galega. Non é todo o bo desexado, pero algo é algo.

O novo fiscal xeral de Galiza, Carlos Varela, tomou posesión en galego e defendeu un maior emprego da lingua no ámbito da xustiza. Tamén Cándido Conde-Pumpido, fiscal xeral do estado, se pronunciou a prol da normalización do galego na xustiza.
En LVG
En Galicia Hoxe
En Vieiros

O novo xefe da policía en Galiza, Luís García Mañá, parece que tamén vai traballar polo uso do galego neste corpo (ata o de agora, no seu cargo de comisario en Vigo, xa leva feito algo).
En LVG

A ver se pouco a pouco se poden ir conquistando estes campos...
13/07/2004 11:34

Comentarios » Ir a formulario


Autor: dorfun

...se non fixese o sol que fai, eu diría que estamos a 28 de decembro...

Fecha: 13/07/2004 17:45.


gravatar.com
Autor: Depósito

Vale, tamén hai noticias malas sobre a lingua, pero a esas xa estamos acostumados.

Para min hoxe unha noticia indirectamente mala para a lingua é que a secretaria de acción municipal do BNG pasa a ser adxunta á portavocía nacional.
Véxase: http://paleon.net/bitacora/archives/000134.html

Aquí

Fecha: 13/07/2004 18:32.


gravatar.com
Autor: caladinha

Vamos pensar en positivo,

Aghora que Depósito xa puxo o piercing onde tiña que estar, só falta pedir as chaves... ¿Lembrades?

Fecha: 14/07/2004 10:58.


gravatar.com
Autor: paleón

claro que lembramos, temos que pedirlle as chaves ao "señor das portas"... A ver se en setembro artellemos o II botelhón e lle damos para adiante aos pirsins na lingua.

Fecha: 19/07/2004 14:31.



Autor: Ultraeroe

En Galego, Galicia se escribe Galicia, y no Galiza. Dejen de barrer para donde les conviene.

Fecha: 19/08/2004 19:21.


gravatar.com
Autor: Depósito

Das Normas Ortográficas e Morfolóxicas do Idioma Galego (2003), da Real Academia Galega e do Instituto da Lingua Galega.

Punto 9.1 páx. 56:

"Teñen terminación -cia, entre outros, acacia, audacia, avaricia, contumancia, delicia, [...], etc. Entre estas palabras está Galicia, voz lexítima galega, denominación oficial do país e maioritaria na expresión oral e escrita moderna. Galiza é tamén unha forma lexitimamente galega, amplamente documentada na época medieval, que foi recuperada no galego contemporáneo".

Fecha: 20/08/2004 12:45.



Autor: abrilsempre

Por que será que sempre nos querem dar leçons de como escrever em galego precisamente os e as que menos o escrevem e o falam?

Fecha: 01/09/2004 15:15.


Añadir un comentario




No será mostrado.






Suscrí
bete a este blog. RSS 2.0 Este Blog ha sido creado con Blogia. Ver derechos de autor . Estadísticas. Admin. [Blogia colabora con 1001 relatos.]