Se muestran los artículos pertenecientes a Julio de 2004.
02/07/2004
Unha historia
Tomaba a penúltima copa acompañado
por unha soidade que se mofaba del.
Chegara a aquela esquina da barra
sen fixarse en nada do que alí sucedía.
Daquel lugar fixo o seu apousento:
a mirada fundida no vaso
e as mans entretidas cun isqueiro.
Maldita sexa a culpa que o trouxo alí,
a culpa trocada en desesperación,
a puta culpa que o deixou só.
Unha muller,
aquela cara só podía estar provocada
polo desamor dunha muller.
A rabia, o puñazo na barra, o berro
as siluetas que detrás del non deixaban de brincar
a cor das luces, o ruído, moito ruído...
os ollos húmidos, o mecagoendios
a mirada ao teito pedindo explicacións
o pesadelo que era estar alí.
Unha forte e repentina explosión.
Chorou.
Que triste o fume gris do seu tabaco negro
que tristes os ollos negros daquel home gris
o home gris que fumaba negro
os ollos negros tras o fume gris.
Unha historia,
a historia imaxinada pola xente que o miraba.
por unha soidade que se mofaba del.
Chegara a aquela esquina da barra
sen fixarse en nada do que alí sucedía.
Daquel lugar fixo o seu apousento:
a mirada fundida no vaso
e as mans entretidas cun isqueiro.
Maldita sexa a culpa que o trouxo alí,
a culpa trocada en desesperación,
a puta culpa que o deixou só.
Unha muller,
aquela cara só podía estar provocada
polo desamor dunha muller.
A rabia, o puñazo na barra, o berro
as siluetas que detrás del non deixaban de brincar
a cor das luces, o ruído, moito ruído...
os ollos húmidos, o mecagoendios
a mirada ao teito pedindo explicacións
o pesadelo que era estar alí.
Unha forte e repentina explosión.
Chorou.
Que triste o fume gris do seu tabaco negro
que tristes os ollos negros daquel home gris
o home gris que fumaba negro
os ollos negros tras o fume gris.
Unha historia,
a historia imaxinada pola xente que o miraba.
02/07/2004 19:45 Enlace permanente. Hay 3 comentarios.
07/07/2004
Maribel*
Maribel ten unha hortiña, e nela planta cebolas, e planta repolos, e tomates e pementos, e gústalle coidar a hortiña, e tela limpa, bonitiña, arrincarlle as herbas, que dea bos froitos, porque os froitos da súa hortiña para ela son os mellores, porque son dela, porque os coida ela, e mímaos, e cómeos. Maribel podía comprar as cebolas e os repolos, ou os tomates e os pementos, pero non é o mesmo, porque os da súa hortiña son dela, e como son dela, para ela son os mellores e, para que vai querer os de fóra? Maribel ten ollos e oídos e ela ben ve o que hai. Maribel ve que hai xente que quere aparentar máis do que é e hai xente normal, coma ela, á que lle dá igual, e entón, á xente normal á que lle dá igual, á que non lle importa, di: «eu chego á casa e planto cebolas ou sácolle as herbas aos repolos», entón esta xente non ten problema ningún, e vive moi tranquila e feliz, como Maribel e como moitas como Maribel; pero hai outra que, claro, non ten unha hortiña para botar cebolas, non ten nada, entón só pode falar, pois, de ir de compras, e ir á cafetaría, ou «me fui ayer al gimnasio» ou «me fui a tal o me fui a cual» porque, claro, queren vivir unha vida máis fina, entón hai dous bandos, hai o bando que di: «ai, Maribel, no traes las uñas nada cuidadas», e Maribel dilles «e que, claro, fun sacarlles as herbas aos repolos e téñoas un pouco descoidadas». «Ai, Maribel, tienes que pintarte las uñas e irte a la peluquería y teñirte el pelo y hacerte unas mechitas», e Maribel dilles «pero eu estou moi a gusto así». Maribel pensa que hai dous bandos, como pensa que hai en todos os sitios. Como por exemplo coa xente hipotecada. Maribel ve que a xente hipotecada se ten por máis fina que a que está sen hipotecar, porque a xente que quere ser fina, a maioría da xente que quere ser fina, ou vive de alugueiro ou está toda hipotecada; e iso ben o ve Maribel porque iso nótase. Maribel tamén vai á cafetaría e vai de compras, tamén vai ao fútbol, pero tamén coida a súa horta para que estea limpiña e dea bos froitos. Maribel non está hipotecada, nin vive de alugueiro, porque para Maribel o dela é o mellor.
*O nome non é real, mais ela si (é a nai dun amigo).
*O nome non é real, mais ela si (é a nai dun amigo).
07/07/2004 20:06 Enlace permanente. Hay 3 comentarios.
09/07/2004
De Cyrano
Todo consiste en desdeñara parásita hedra,
ser tenaz como a pedra,
o teu traballo amar,
malia por iso ficar
un pouco máis baixo
do que sería de esperar.
Así, ben o sei,
nunca medrar poderei
pero a limitación admiro
polo pracer que sinto
en camiñar sempre só.
09/07/2004 18:54 Enlace permanente. Hay 1 comentario.
13/07/2004
A ver se isto vai adiante!
Despois da presentación do XP en galego, do corrector ortográfico 2.mil3, do novo filme de Shin Chan e de Pinocho 3000, da aceptación de traballos en galego por parte da UNED, do cambio de rumbo do SNL da UdC, do compromiso co galego do Corpo Nacional de Policía, dos plans de normalización da UV, da USC, do Concello de Santiago e do Concello de Ferrol, da creación de novos SNL, das iniciativas galeguizadoras da Federación de Colexios Relixiosos, etc., parece que nos últimos días hai algunha outra boa nova para a lingua galega. Non é todo o bo desexado, pero algo é algo.O novo fiscal xeral de Galiza, Carlos Varela, tomou posesión en galego e defendeu un maior emprego da lingua no ámbito da xustiza. Tamén Cándido Conde-Pumpido, fiscal xeral do estado, se pronunciou a prol da normalización do galego na xustiza.
En LVG
En Galicia Hoxe
En Vieiros
O novo xefe da policía en Galiza, Luís García Mañá, parece que tamén vai traballar polo uso do galego neste corpo (ata o de agora, no seu cargo de comisario en Vigo, xa leva feito algo).
En LVG
A ver se pouco a pouco se poden ir conquistando estes campos...
13/07/2004 11:34 Enlace permanente. Hay 7 comentarios.
21/07/2004
Ou aquí ou alá
Aínda non sei se quedar aquí ou se ir para alá.Até o de agora todos os anos fun para alá, pero tamén sempre tiven ganas de quedar algún aquí.
AQUÍ: manifestación, Lamatumbá, Os Cempés, Arianna Puello, Mercedes Peón, Norge Batista, Electric Gypsyland, Xarín, Marea Negra, Palestina, Nacionalismo galego, Anxo Quintela, Tucho Calvo, Francisco Carballo, Carlos Aymerich, Cecilia Pérez Orxe, Iosune Aritzondo, Carlos Amoedo, Pancho Casal, Pilar García Negro, Marica Campo, Susana Costas, Ana Rúa, Olaia Fernández Davila, Cecilia Balboa, Encarna Otero, F.R. Randulfe, Kike Benlloch, Carlos Quiroga, Raquel Miragaia, Bieito Iglesias, Modesto Navarro, Estevo Creus, Francisco Rodríguez, Emma Couceiro, María Lado, Mini e Mero, Manuel Veiga, Luís Bará, Lois Diéguez, Xesús Fraca, Camilo Franco, Pilar Pallarés, Anxo Quintana, Rubén Cela...
ALÁ: casa, familia, canción de tasca, gran premio ícaro de voo sen motor, certame itinerante de canción de tasca, regata de embarcacións feitas á machada e propulsadas a pan de millo, romaría dorneira, campionato mundial de chinchimonei, top secret, gran prix de carrilanas, conciertazo, baile de gala.
Que farei?
21/07/2004 19:50 Enlace permanente. Hay 5 comentarios.

