Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

Se muestran los artículos pertenecientes a Mayo de 2004.

28/05/2004

Comezo

Doulle inicio a este DEPÓSITO.
A calidade da bitácora non é moi boa, pero é que son novo nisto.
A ver se nel son quen de ir depositando cousas de interese.
A ver...
28/05/2004 13:23 Enlace permanente. Tema: Hay 3 comentarios.

29/05/2004

Música nosa

caratulacd.jpgOnte merquei un disco, Música pola liberdade dos pobos, que sacou Galiza Nova. Neste disco hai música galega (Diplomáticos, Lamatumbá, Roberto Sobrado, Carballo, etc.) e música non galega (Víctor Jara, Fermín Muguruza, Inadaptats, etc.). O disco a min paréceme unha pasada.
O conto é que o prezo do disco é de 3 euros!!! E aínda lles dá ganancias!!! Vale, non hai dereitos de autor, non hai traballo de estudo, etc., pero, por que temos que pagar 20 euros por moitos outros discos?
A ver se as institucións se animan a promocionar a música galega, que hai moita e moi boa (e máis alá do folk!).
29/05/2004 13:22 Enlace permanente. Tema: Hay 6 comentarios.

31/05/2004

Eleccións?

imxenmovemento.jpgDisque estamos en campaña... Alguén se enterou?

Supoño que alguén si, pero... é esta unha campaña normal? Interésalle o suficiente aos partidos? Interésalle o suficiente aos medios de comunicación? Interésalle bastante a nós, electoras e electores? Hai bastante información? Por que???

Por que os medios de comunicación non fan especiais? Por que os partidos non fan o mesmo esforzo -ou parecido- que noutras ocasións?

Os niveis de abstención parece ser que van ser altísimos... estase facendo o suficiente por evitalo? Por que non? Está interesando a abstención? Que é o que está a pasar? Crise electoral? Crise política? Crise democrática?
31/05/2004 13:22 Enlace permanente. Tema: Hay 6 comentarios.


Suscrí
bete a este blog. RSS 2.0 Este Blog ha sido creado con Blogia. Ver derechos de autor . Estadísticas. Admin. [Blogia colabora con 1001 relatos.]