Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

Voces en silencio

E veu aquí unha señora chamada Ana Crespo, vicepresidenta dunha asociación chamada Voces en silencio, a un acto da Asociación de Víctimas do Terrorismo (moi independente, xa se sabe) dicir que se en Galiza goberna unha coalición BNG-PSdG significaría a chegada de ETA.

Quen é esta señora para dicir tal barbaridade?
Como lle poden dar voz a estas estúpidas e provocantes declaracións na Radio Galega? Non ten (ou non debería ter) esta emisora ningunha norma para non emitir as declaracións que non teñan un mínimo de fiabilidade ou criterio? Pódese emitir calquera barbaridade e/ou falacia que se diga por aí sen ningún tipo de criterio?
Isto non é denunciable?
Sabe esta señora que é o BNG?
Sabe esta señora que é Galiza?
Sabe esta señora que é a sociedade galega?

Ninguén lle vai esixir que pida desculpas públicas!?
01/06/2005 19:37

Comentarios » Ir a formulario

gravatar.com
Autor: paleón

como ben sabes, levan facendo eso anos, pero só lles quedan uns días a eses "profesionais da radio"

Fecha: 01/06/2005 23:36.


gravatar.com
Autor: Xosé Antón

Eu escoitei esas declaracións na SER. Aparte do sectarismo e ignorancia desa persoa o máis grave foi que a rolda de prensa fíxose dende dependencias da Xunta na Coruña. Vaia casualidade!!!.

Fecha: 05/06/2005 16:31.


Añadir un comentario




No será mostrado.






Suscrí
bete a este blog. RSS 2.0 Este Blog ha sido creado con Blogia. Ver derechos de autor . Estadísticas. Admin. [Blogia colabora con 1001 relatos.]