Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

Miraxes II

20060130125352-xandra-tedin.jpg

O pasado 22 de xaneiro escribín un post sobre o novo programa da TVG Miraxes.

En resumo, dicía que me parecía ben, mais que me parecerían mellor que houbese outros contidos, que se soubese máis sobre outras cousas...

Logo desta fin de semana, Miraxes comeza a semellarse moito ao programa que eu agardaba...

Parabéns!

30/01/2006 12:53

Comentarios » Ir a formulario


Autor: pintega

Um, eu tamén vin o programa e non está mal, pero... non tedes a sensación de que se está facendo unha televisión bastante cultureta demais tendo en conta o perfil de poboación galega?
Vamos, que están facendo o mesmo có PP pero ao revés?

Fecha: 02/02/2006 13:00.



Autor: candorca

Tele cultureta, radio cultureta, etc. e outros animais... A política de copiar fórmulas e esquemas doutras latitudes ás veces funciona, pero outras fracasa simplemente polo feito de que non hai un "rebaixamento de nivel" que chegue a un público maior (en varios sentidos).
Persoalmente, creo que facer programas para o perfil "teatro principal-iago-capitol" é desaxeitado nun enfoque que se pretende 'educativo' pois para educar hai que partir do nivel medio de preparación DO público galego e non DUN público galego.
Non sei se facemos ao revés do PP, pero creo que non é o adecuado... (polo menos de momento)

Fecha: 06/02/2006 08:44.



Autor: eue

Penso que hai un camiño intermedio. Sempre o hai. Entre o cultureta e o inculto.

Fecha: 08/02/2006 23:02.


gravatar.com
Autor: Deposito

Non concordo en absoluto con que se estea facendo unha tele e unha radio demasiado cultureta.
Creo que o cambio na tele e radio tardou algo, pero que se fixo (no que se refire a programación) bastante ben (sempre desde o meu punto de vista, claro).
O de antes está practicamente todo (exepto Supermartes e o da Cacharra [ou Carracha?]), pero ademais incluíuse cultura (Miraxes), cinema (Planeta Cine, Onda Curta), series de éxito (A vida por diante, Pepe o Inglés), debate político (Hai debate!), humor (Zapping Comando), concurso (Cifras e Letras)...
Penso que todo isto non se pode calificar de "cultureta", e a verdade é que facendo cousas de calidade as audiencias están subindo... Isto é, a xente deste país, maioritariamente, quere ver isto.

Fecha: 12/02/2006 21:39.



Autor: un viciño

Pero alguén cré, aínda, que nalgunha televisión do mundo se lle dá á xente o que quere? Por outra banda, falades de educación do persoal? Credes que hai que "educar" a xente? A que xente? E a vós, quen vos educou? E quen son os culturetas, vós?

Fecha: 23/02/2006 18:34.



Autor: un viciño

Por certo, non pretendín resultar agresivo. É que considero que todos somos incultos. E agradezo programas coma este, ademais.

Fecha: 23/02/2006 18:36.



Autor: ALMOGAVERS

DEMASIADO CULTURETA A NOVA PROGRAMACIÓN. NOTASELLE MOITO O NOVO TOQUE. SALVO AS PRODUCCIÓNS PROPIAS, O RESTO FATAL. MAIS BASKET E MENOS A REVISTA

Fecha: 29/03/2006 15:12.


Añadir un comentario




No será mostrado.






Suscrí
bete a este blog. RSS 2.0 Este Blog ha sido creado con Blogia. Ver derechos de autor . Estadísticas. Admin. [Blogia colabora con 1001 relatos.]