Blogia

DEPÓSITO

En contra da demagoxia e da manipulación

En contra da demagoxia e da manipulación

Ley Orgánica 4/1983, de 25 de febrero, de Estatuto de Autonomía de Castilla-León

DISPOSICIONES TRANSITORIAS 

Séptima.- Incorporación de provincias limítrofes

1. En el caso de que una Comunidad Autónoma decida a través de sus legítimos representantes, su disolución para integrar su territorio en el de la Comunidad Autónoma de Castilla y León, la incorporación deberá ser aprobada por las Cortes de Castilla y León o por el Pleno del Consejo General a que se refiera la Disposición transitoria primera.

2. Adoptado el acuerdo a que se refiere el apartado anterior, la reforma del Estatuto, que sólo podrá extenderse a los extremos derivados del acuerdo correspondiente, deberá ser aprobada por las Cortes de Castilla y León por mayoría de dos tercios y, con posterioridad, por las Cortes Generales, mediante Ley Orgánica.

3. Para que un territorio o municipio que constituya un enclave perteneciente a una provincia integrada en la Comunidad Autónoma de Castilla y León pueda segregarse de la misma e incorporarse a otra Comunidad Autónoma será necesario el cumplimiento de los siguientes requisitos:

a) Solicitud de segregación, formulada por el Ayuntamiento o Ayuntamientos interesados, mediante acuerdo adoptado son el voto favorable de las dos terceras partes del número de hecho y, en todo caso, de la mayoría absoluta de los miembros de dicha o dichas Corporaciones.

b) Informe de la provincia a la que pertenezca el territorio o municipio a segregar y de la Comunidad Autónoma de Castilla y León, favorable
a tal segregación, a la vista de las mayores vinculaciones históricas, sociales, culturales y económicas con la Comunidad Autónoma a la que se solicite la incorporación. A tal efecto, la Comunidad Autónoma de Castilla y León podrá realizar encuestas y otras formas de consulta con objeto de llevar a una más motivada resolución.

c) Refrendo entre los habitantes del territorio o municipio que pretende la segregación, aprobado por mayoría de los votos validos emitidos.

d) Aprobación por las Cortes Generales, mediante Ley Orgánica.

En todo caso, el resultado de este proceso quedará pendiente del cumplimiento de los requisitos de agregación exigidos por el Estatuto de la Comunidad Autónoma a la que se pretende la incorporación.

Octava.- En el caso de que una Ley Orgánica autorice la incorporación de una provincia limítrofe al territorio de la Comunidad Autónoma de Castilla y León, tal incorporación se producirá sin más requisitos a la entrada en vigor de dicha Ley Orgánica, en cuyo caso se modificará automáticamente el artículo 2. de este Estatuto, con la mención expresa de la provincia incorporada.

 

PROPOSTA DE ESTATUTO DE GALIZA DO BNG

Disposicións transitorias, finais e derrogatorias

Disposición final segunda

O Parlamento de Galiza reclamaralles aos parlamentos das comunidades autónomas ás que actualmente pertencen as comarcas limítrofes de fala galega, que a declaren cooficial no territorio dos concellos desas comarcas e nos órganos institucionais centrais das respectivas comunidades autónomas.

Disposición final terceira

Poderán incorporarse a Galiza aqueles concellos limítrofes de características históricas, culturais, económicas e xeográficas análogas, mediante procedementos democráticos regulados por lei.

 

(A que se podería armar se chegamos a regular aquí todo o que xa teñen regulado en Castela!)

Repetindo (ou da DXPL á SXPL)

Repetindo (ou da DXPL á SXPL)

Antes:

Unha noite de marcha... Pois unha noite de marcha primeiro vaise de cea. A min gústame o churrasco..., e encántanme os criollos..., e encántame que me repitan os criollos, así é como se estivese toda a noite comendo criollos... [...] E encántame o galego! Dirección Xeral de Política Lingüística.

Agora:

Unha noite de marcha... Pois unha noite de marcha primeiro vaise de cea. A min gústame o churrasco..., e encántanme os criollos..., e encántame que me repitan os criollos, así é como se estivese toda a noite comendo criollos... [...] E encántame o galego! Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Probando

Probando

Esta bitácora está de probas para pronto comezar a reactivala.

Surprised

 

Por se servise de algo

Estimado Xaime,
Estimada Margarida,

Diríxome a vostedes para comunicarlles a miña preocupación pola deixadez xeral que se percibe con respecto á promoción do uso do galego desde da Deputación da Coruña, aínda que nesta ocasión me centrarei só no Plan de formación 2005.

En primeiro lugar, neste plan non hai ningunha actividade que teña como obxectivos os de incrementar o uso e/ou prestixio do galego na administración local, algo que sería totalmente necesario. As actividades relacionadas con lingua que hai están todas centradas no corpus e na produción escrita (linguaxe administrativa, ortotipografía e redacción de documentos), algo necesario, mais non suficiente, pois son imprescindibles actividades centradas no estatus da lingua.

Por outra banda, e o que aínda me resulta máis preocupante, é a pouca ou nula presenza que ten o galego no desenvolvemento do resto de actividades formativas. E céntrome no exemplo que a min me parece máis preocupante. Como traballador da administración local que son participei no Curso de atención ao público. Imaxinaba que neste curso se traballarían contidos transversais de usos lingüísticos, tendo en conta, por unha banda, que a principal ferramenta para a comunicación coa cidadanía non é outra que a lingua, e pola outra que como se establece no artigo 6 da Lei de normalización lingüística é “obriga” da administración promover o uso normal da lingua galega, oralmente e por escrito, nas súas relacións coa cidadanía. Pois para a miña sorpresa non só non se tratou o tema dos usos lingüísticos, da necesidade do uso do galego na atención ao público desde a administración, do deber da administración local de promocionar o uso da lingua galega na atención ao público, dos dereitos da cidadanía a ser atendida na lingua propia da comunidade, etc., senón que o peor de todo foi que o curso se desenvolveu en castelán. Ademais, cónstame que isto mesmo acontece na maioría dos cursos, incluso naqueles centrados na comunicación, nos que os contidos transversais para promocionar o uso do galego terían que ter un peso fundamental, como poden ser os cursos de Curso de atención e información telefónica, Curso de atención de queixas e reclamacións, etc.

A verdade é que de nada serve un teórico compromiso coa defensa e promoción do uso do galego e incluso de nada serve o desenvolvemento de campañas específicas a prol da normalización do uso da lingua se logo no desenvolvemento de actividades formativas centradas na comunicación e na atención ao público dirixidas aos traballadores e ás traballadoras da administración local, a lingua de traballo non é outra que o castelán.

Agardo que de cara a futuras actividades se corrixan estes serios problemas e que na Deputación da Coruña vexamos algún día un compromiso real coa defensa e promoción do uso normalizado da lingua propia de Galicia, aínda que só sexa o mínimo que establecen os mandatos estatutarios e legais.

Moitas grazas pola atención e un saúdo,

Anxos, Anxiños

Anxos, Anxiños

Cando unha persoa escribe o seu "diario" na rede e a sección da páxina web onde o escribe recibe unha chea de visitas ao día, algo terá esa persoa.
Falo de Anxos de garda en Culturagalega.org.

Cando esa persoa logo publica en papel ese "diario" e o libro se converte nun auténtico éxito editorial e está entre os máis vendidos durante non sei cantas semanas, a pesar de publicarse nunha editorial con recursos publicitarios e de distribución bastantes limitados, algo terá esa persoa.
Falo de Anxos de garda, publicado por A Nosa Terra.

Cando logo continúa publicando en formato libro ese "diario" e a obra volve ser novamente un éxito rotundo para público e crítica, pois está claro, esa persoa algo ten.
E falo de Melodía de días usados, publicado por Galaxia.

Esa persoa é Anxos Sumai, de Catoira, documentalista e bibliotecaria do Consello da Cultura Galega, tradutora de obras como, por exemplo, os Diarios de Syra Alonso, e escritora de recoñecida capacidade, con publicacións en papel e con publicacións dixitais (aínda que ela non queira ser escritora, senón escribir, que poden ser cousas ben distintas). Premio da Crítica de Galicia de creación literaria por Anxos de garda, Premio do xurado á mellor curta no Festival de Cans (falo do Porriño) no 2004, e non sei cantas cousas máis.

Das escritoras e dos escritores gústame valorar, apreciar e gozar a súa obra literaria. Coincido con Anxos en que non sei até que punto pode ter máis interese a opinión ou a vida dun escritor ou escritora que a opinión ou a vida dun ou dunha electricista, mais no caso desta autora esta consideración ten que ser radicalmente distinta, pois a súa obra literaria fúndese e confúndese coa súa vida real, e a súa vida real coa súa obra literaria.

Melodía de días usados é "diario", é relato, é novela, é poesía, é música, é colores vivos, é verdes e laranxas, é pistacho, é melón. É cereixas, amoras e amorodos. Mestura ficción e realidade, ou se cadra non, se cadra é todo ficción ou todo realidade. O certo é que en Melodía de días usados vemos unha persoa adulta que, como moitas, habita Santiago, pero que como poucas, constrúe Compostela, mais que moitas fins de semana volve ser nena abrindo a neveira e as alacenas en busca de comida na casa dos pais, cunha nai con bata de cadros cruzada que mata insistentemente moscas cun pano e que di que lle gustan as cabezas do peixe e os pescozos do polo para deixar para nós as mellores talladas.

Melodía de días usados é o día a día de Anxos, con vivencias cotiás en Compostela e Catoira -ficticias ou reais-, sempre deliciosas, entrañables. Con persoas amigas -ficticias ou reais- que podemos identificar con referentes reais (mais que nada porque non adoita cambiarlles o nome).

Mergulládevos na historia de Anxos, Anxiños, na súa vida, nas súas vivencias, no seu galego directo, moderno, urbano, na súa casa, na pensión Sumai, querede estar alí, falade con Mónica, ou con Helena, ou con Gus, ou con Siño, ou con Pedro, ou con Teo, ou con Rosa, ou con Roberto, paseade con Morris, ceade con Camilo, escribídelle a Lupe, lede no autobús, acariñade a Brando e a Greta, chorade por Roberto, xantade na casa de Catoira, identificádevos con cada situación que presenta, preguntádevos: "e que estará facendo hoxe Anxos?", escoitade música, que soe a melodía de días usados.

Asociación Cultural Altofalante

Asociación Cultural Altofalante

Altofalante fai que a voz se faga oír.
Altofalante axuda a organizar cousas.
Altofalante é galego.
Altofalante é do tempo no que vivimos.


Constitución da Asociación Cultural Altofalante

O vindeiro venres 19 de agosto de 2005, ás 21.00 horas no Restaurante Coroso de Riberia -situado á beira da praia do mesmo nome-, vaise constituír a Asociación Cultural Altofalante.

Esta é unha asociación aberta que busca a dinamización social, cultural e lingüística de Galiza dende unha óptica nacionalista galega. Para iso un grupo de mulleres e homes imos constituír en Ribeira a Asociación Cultural Altofalante.

Comezamos un novo tempo para Galiza onde a dinamización cultural e a participación cidadá teñen que ser elementos estruturais do País Novo, e para contribuír a isto imos constituír esta asociación. Queremos difundir a idea de que Galiza é unha nación e que está orgullosa de selo. Somos conscientes da importancia de facer país dende un punto de vista cultural.

Altofalante ten vontade de colaborar con outras asociacións, colectivos e institucións que compartan con ela as súas finalidades.

A promoción e a creación cultural de Galiza nas súas diferentes manifestacións: literarias, plásticas, musicais, audiovisuais...; xunto coa recuperación da memoria histórica da nación galega e a normalización do noso idioma en todos os ámbitos, serán os piares que asenten as actividades que se desenvolvan dende Altofalante.

Formaremos e educaremos nos valores da democracia, da paz, participación, a igualdade de xénero e respeto pola diferenza cunha ollada nacionalista galega.

Queremos facer extensivo este convite a todas as persoas interesadas e que compartan estes ideais, para que unan a súa voz á de Altofalante e veñan o vindeiro venres 19 á constitución da asociación.

(Sala de máquinas)

Dorna

Festa da Dorna, festa de Galiza de interese turístico!

Festa, decepción (outra) e apostas

FESTA

Hoxe á noite toca festa no Barrio de San Pedro. Hai que pasalo bomba, hai moito que celebrar. Alguén se apunta?




DECEPCIÓN (outra)

Estes días estiven facendo un curso de atención ao público para persoal da administración local organizado pola Deputación da Coruña.
O curso foi completamente en castelán!!!
Que unha institución cogobernada polo nacionalismo organice un curso de atención ao público (nin máis nin menos, ATENCIÓN AO PÚBLICO!) dirixido á administración local (As Corporacións Locais dentro do seu ámbito fomentaran a normalización do uso do galego nas actividades mercantís, publicitarias, culturais, asociativas, deportivas e outras. [art. 25]) e que se desenvolvera totalmente en castelán..., por unha parte decepcióname moito, e pola outra asústame bastante.
Vai quedar a lingua, novamente, fóra?
Cada vez máis o da Deputación paréceme vergoñento!!!



E APOSTAS

Un pouco a fío do anterior...
O programa de goberno do Bloque para política lingüística fala, entre outras cousas, de crear unha Secretaría Xeral de Política Lingüística.
O do PSdG de facer da política lingüística un eixo transversal da acción da Xunta.
Unha cousa semella estar clara para os dous: a política lingüística ten que ser transversal e o organismo responsábel non pode estar dentro de Educación (como antes).
Vaise facer un política lingüística eficaz?
Vaise crear esa rede de servizos de normalización lingüística de carácter territorial que propón o Bloque?
Vaise crear o Consello Social da Lingua Galega que propón o PSdG?
En definitiva, vai ser realmente a política lingüística unha preferencia real?

A aposta: quen vai ser o secretario ou secretaria xeral de Política Lingüística do goberno galego?
Eu teño un candidato e unha candidata preferido/a, teño un candidato favorito (non por preferencia, senón por posibilidades), manexo algúns nomes que poderían ser (uns de maior e outros de menor gusto) e penso nunha candidata que se é ela bórrome do partido (como di alguén que eu sei).
Apostades?

A limpeza necesaria

A limpeza necesaria

O cambio de goberno levará por diante 2.000 cargos de confianza.

Adeus a todos/as!!!

Festas do barrio de San Pedro

Festas do barrio de San Pedro

Xa hai programa definitivo para as festas da segunda parroquia.

O venres 1 podía converterse no día da gran celebración de ter as chaves para a entrada do país novo (alguén se apunta?).

PROGRAMA

Venres 1
20.00 h: Gaiteiros de Brincadeira e cabezudos.
21.00 h: Pregón a cargo de Paula Carballeira (Praza do Cruceiro de San Pedro).
21.30 h: Foliada na Porta do Camiño. Presenta Pepa Yáñez. Pandereteiras de Brincadeira. Fiandola. Serra-lhe aí!
24.00 h: Noite do lastro na Porta do Camiño con:
LAMATUMBÁ
e
NON RESIDENTZ

Sábado 2
11.00 h: Pasacalles. Xilbarbeira e cabezudos.
12.00 h: Teatro infantil no Parque da Trisca. Recuento cuentos (Cuba).
13.30 h: Sesión vermú. Orquestra Costa Dourada.
18.30 h: Teatro. Mariclown (Praciña de San Pedro).
20.00 h: Encontro de corais. Igrexa de Bonaval.
22.30 h: Verbena. Orquestra Costa Dourada.

Domingo 3
11.00 h: Pasacalles. Quarteto da Gentalha e cabezudos.
11.00 h: Feira de artesanía na Rúa de San Pedro.
12.00 h: Banda Municipal de Música (Parque da Trisca).
13.00 h: Grupo de baile A Xuntanza.
13.30 h: ROMARÍA POPULAR, con polbeira e churrascada. Murga Os Estalotes. Xilbarbeira. Quarteto da Gentalha. Luís Caruncho e Pinto de Herbón (Haberá carpa e inchábeis para as cativas e cativos).

Gañamos nós

Gañamos nós

Multiplicando, non dividindo.
Sumando, non restando.
Unindo, non separando.
Creando, non desfacendo.

Toda a información sobre a cadea humana aquí.

O país novo

O país novo

Achéganse os días claros...

E ti, como imaxinas o país novo?

Luns 20 de xuño de 2005

Titulares de prensa

ABC: “El Rey y Rouco Varela felicitan a Fraga por su victoria, aunque tendrá que dejar el gobierno”.

CadenaSer.com: “El PSOE formará gobierno con el BNG en Galicia”. “Alegría de Zapatero y posible dimisión de Rajoy”.

El Correo Gallego: “El PP vuelve a ganar las elecciones pero no alcanza la mayoría absoluta”.

El Ideal Gallego: “El PP no alcanza la mayoría absoluta y el PSOE apoyará un gobierno nacionalista”.

El Mundo: “Tripartito a dos en Galicia”.

El País: “El PSOE formará gobierno con el Bloque en Galicia”.

Galicia Hoxe: “O galego aínda se pode salvar da súa inminente morte”. Mudanza en Monte Pío.

La Opinión de A Coruña: “El BNG formará gobierno con el apoyo de Touriño”. “¿Que pasará con Paco Vázquez?”.

La Razón: “¿Que será de España?”. “Matrimonio (gay) entre el PSOE y los independentistas”.

La Voz de Galicia: “Fraga pierde la mayoría absoluta y Touriño le dará el gobierno a los nacionalistas”.

Vieiros: “Un país novo".

Xornal.com: “Quintana será el presidente con el apoyo de Touriño”."

SMS (para ribeirenses/as)

SMS (para ribeirenses/as)

Hai que botalos. Hoxe, venres 3, no IES Coroso ás 21.00 h. Ven e trae a alguén. Pásao!

Proxección expansiva

Comeza a proxección expansiva de Hai que botalos.

Estas son, de momento, as proxección no Barbanza:

- Ribeira: venres 3, 21.00 h, IES Coroso (con Tonhito de Poi).
- Boiro: sábado 4, 21.00 h na Casa da Cultura. 22.00 h na Tasca Gandaina. 00.00 no Pub Esmorga.
- Rianxo: xoves 2, 21.00 h, Casa da Cultura.

Resto de proxeccións.

Desta vai!

Voces en silencio

E veu aquí unha señora chamada Ana Crespo, vicepresidenta dunha asociación chamada Voces en silencio, a un acto da Asociación de Víctimas do Terrorismo (moi independente, xa se sabe) dicir que se en Galiza goberna unha coalición BNG-PSdG significaría a chegada de ETA.

Quen é esta señora para dicir tal barbaridade?
Como lle poden dar voz a estas estúpidas e provocantes declaracións na Radio Galega? Non ten (ou non debería ter) esta emisora ningunha norma para non emitir as declaracións que non teñan un mínimo de fiabilidade ou criterio? Pódese emitir calquera barbaridade e/ou falacia que se diga por aí sen ningún tipo de criterio?
Isto non é denunciable?
Sabe esta señora que é o BNG?
Sabe esta señora que é Galiza?
Sabe esta señora que é a sociedade galega?

Ninguén lle vai esixir que pida desculpas públicas!?

Prensa de circunstancias e á medida

Prensa de circunstancias e á medida

O de onte (domingo 29 de maio) de El Correo Gallego pode deixar coa boca aberta a calquera. Isto si que é prensa comprometida (e menudo compromiso!).
Sei que en filosofía este tipo de traballos teñen un nome, mais non lembro cal é. Primeiro fanse as conclusións ás que hai que chegar (por estúpidas que estas sexan, como é este caso) e logo hai que ir buscando datos (como se poida) para que as argumentacións poidan adaptarse ás conclusións (feitas a priori). Esta metodoloxía, as cousas como son, utilízase bastante..., agora ben, nunca vin nada tan pouco disimulado (que caradura!).

Pois si. Citas textuais:
"Toda unha serie de enfermidades, desde o asma até o cancro, ao chegar á vellez, ralentízanse ou incluso remiten".
"Un dos mitos do pouco que os maiores poden achegarlle á sociedade comeza a desmoronarse. Moitos deles manteñen a súa plenitude creativa bastantes anos despois da idade de xubilación".
"Que valora máis dun líder político? Do 90% ao 96% privilexian primeiro a capacidade intelectual; segundo, o estado de saúde; e terceiro, a capacidade física.
"Aos 40 anos un acerta ou comete torpezas. Se falamos de política, ás veces, irreparables. Aos 40 pódeche a vitalidade. Aos 80, neste ordenador -sinala a cabeza- está arquivada a nosa bagaxe, a nosa experiencia. Non repites os mesmo erros".
"A idea de que Manuel Fraga sexa o candidato do PP ás autonómicas galegas non gusta á oposición e para isto a súa estratexia baséase na inapropiada idade do León de Vilalba para exercer como presidente da Xunta. Os exemplos documentados a continuación (e falan de Picasso, Chiang Kai-Chek, Teresa de Calcuta, Fidel Castro, Strom Thurmond, Gianni Agnelli, Mitterrand e moitos máis músicos, pintores, poetas, escritores, etc.) demostran que esta estratexia está baseada en desexos, non en datos científicos".

Conclusión: Obxectivamente, Fraga, debido aos seus 82 anos, é o mellor candidato, pois Quin ou Touriño, ao andar polos corenta e pico ou cincuenta non farían máis que cometer torpezas, se cadra irreparábeis."

Todo este rigor informativo está aquí.

Máxima audiencia

Estimados amigos e amigas de Crónicas Marcianas, Pecado Original, Caiga quien Caiga e TNT,

Estes días estase a proxectar de xeito expansivo en todo o territorio galego a película libre, independente e colectiva Hai que botalos, coa que se pretende amosar unha visión crítica da situación real na que se atopa Galiza.

Esta película está composta por 24 curtametraxes, está promovida polo colectivo Burla Negra, por A fraga maldita e pola rede Arredemo co obxectivo de estimular o “boto” nas eleccións galegas do 19 de xuño de 2005.

No desenvolvemento deste proxecto participaron máis de 300 persoas.

O proxecto está sufrindo un claro apagón informativo por parte dos medios galegos, mais para combatelo proxectarase en máis de 300 puntos de toda Galiza, fixéronse 2.000 copias para distribuír en DVD, e está na rede para poder descargar de balde (en só uns poucos días en www.haiquebotalos.com xa se fixeron máis de 25.000 descargas).

Gustaríame que lle botasen unha ollada a algunha destas curtametraxes para que, de ser posíbel, comentasen no seu programa algo sobre a situación social que vive Galiza e a deran a coñecer ante a opinión pública do Estado español (recoméndovos, por exemplo, as curtas Carretaxe, ¿Nunca Máis?, Punto final, etc.).

Esta película non é de ningún partido político (nin se pode facer uso partidista dela), senón que nace de colectivos sociais co único fin de que a xente vote para "botar" a Fraga do Goberno galego.

Ligazóns:

Hai que botalos (Información e descarga da película)
Arredemo

Moitas grazas pola atención e un saúdo.

Para: cronicasmarcianas@telecinco.es, pecadooriginal@telecinco.es, cqc@telecinco.es, tnt@telecinco.es.

VOTOS E SARDIÑAS

VOTOS E SARDIÑAS

A participación será máis alta que nunca...
...o día das eleccións coincide coa sardiñada das festas.

PARTICIPACIÓN

PARTICIPACIÓN

Hai ben tempo que non vexo tanta actividade, tanto entusiasmo, tanta rede, tanta esperanza, tanta mocidade activa, tanto traballo, tanta comunicación, tanto foro, tanta pedagoxía, tanta información, tantas ganas de mudar, tanta defensa..., e sobre todo, hai ben tempo que non vexo tanto medo!

Se fai falla, nós tamén os buscaremos debaixo das pedras, pero desta vai!