Blogia
DEPÓSITO

A (nosa) política festivo-cultural

A (nosa) política festivo-cultural Loxicamente a programación festivo-cultural do Xacobeo (Jaco veo Jaco quiero) recibiu moitas críticas e foi obxecto de polémica. Loxicamente (outra vez). No Parlamente pediuse que polo menos a metade das actuacións fosen galegas. Loxicamente (por terceira vez).

Agora ben; que ofrecemos nós? Cales son as alternativas que damos? Cal é a nosa proposta? Que fariamos se estivesemos gobernando? Cal é, en definitiva, a nosa política cultural?

Para comprobar cales son as nosas propostas festivo-culturais reais (non promesas) podemos mirar a programación das festas de alí onde gobernamos (é un bo método, non?). Por exemplo, estes días van ser as festas de tres concellos nacionalistas: Boiro, Carballo e Poio. Brevemente, esta é a programación festiva:

Festas de Boiro
Los Pecos, Loquillo, El Hombre Gancho, Danza Invisible, Leilía e Treixadura. Típicas verbenas con orquestra, grupos tradicionais e bandas de música.

Festas de Carballo
Los Caños, Alú, Modestia Aparte, Le Punk, Amparanoia e Luar na Lubre. Verbenas con orquestras. Bandas de gaitas. Corais.

Festas de Poio
Mercedes Peón, Trébol de Ferrol, Nueva Moda, Orquesta Compostela, Na Lúa, Satélites, Tango, Solara, Ismael. Bandas de música. Corais. Grupos populares.

Cal é a nosa política cultural?

9 comentarios

paleón -

...para que queremos a alcaldía si seguimos con isto http://www.boiro.org/festas2004/reinasG.htm?

Abrilsempre -

A cultura claro que tem que ter um carácter político,isso nom quere dizer que a cultura tenha que ser oficial. Nom confundir cultura com Instituçom, máis temos que saber que som as mesmas intituçons as que tenhem moito poder para "tirar" cara um lado ou cara outro. Se nom fose assi, para que caralho estamos demandando política cultural aos partidos políticos. en todos os programas políticos que conheço hai um apartado sobre política cultural.
A política está en todo, isso é innegável, e na cultura é máis patente todavia. A cultura da louvada e do Luar nasce dumha politica cultural do grupo que governa. Se queremos mudar isso Nós teremos moito que dizer, Nós como individuos, como cidadáns, mais tamém como seres políticos, participando e propagando a nossa ideologia nacionalista

Depósito -

Non quería dicir que todas as actuacións tivesen que ser galegas, nin moito menos.
A cuestión é, hai diferencia entre a programación xacobea (tan criticada) e a programación destes concellos que nós gobernamos?
Hai deseñado un modelo de política cultural?
Estou totalmente de acordo en que nalgúns sitios nos que gobernamos se están a facer cousas moi interesantes. Cito dous exemplos musicais: o ciclo O son da diversidade en Santiago e os Concertos comentados en Pontevedra (non todas as actuación son galegas, mais responden a un modelo cultural lixeiramente distinto do dos outros, non?).
Agora ben, debemos desde a nosa política cultural promocionar a Los Caños ou a Los Pecos? Eu penso que hai outras opcións, outros modelos culturais. E non me refiro, loxicamente, só á música e moito menos só á música galega.

Varias preguntas que lles poderiamos facer a un concelleiro ou concelleira de cultura dun concello nacionalista para así quedar coa boca aberta:
- Canto estarías disposto/a investir nun concerto de David Bisbal? E nun concerto de Lluis Llach?
- Canto estarías disposto/a a investir nun concerto de Bustamante? E nun concerto de Lamatumbá ou de Dios que che criw?

Xosé Antón -

Eu son hipercrítico en todo, especialmente co nacionalismo no que milito dende hai xa máis de doce anos, sen embargo non estou totalmente de acordo co que dicides. Non sería bó que as actuacións fosen todas de grupos galegos. Ademáis un dos aspectos que máis aprecio dos concellos onde gobernamos é o cultural (especialmente o de Pontevedra por proximidade)non así noutros onde son máis crítico.

paleón -

-Entendo a política como a participación da cidadania na vida pública. A cultura é un dos grandes temas da vida pública.
- Ideoloxía nacionalista eu coido que a hai, o que non teño claro é que todos teñamos o mesmo concepto de nacionalismo :D

caladinha -

Dúas dúbidas existencias Depósito:

- Dende cando "política" e "cultura" son dúas palabras que poden ir xuntas?? Fai dano á vista!!!
- Onde está ese programa e esa ideoloxía nacionalista?? Será aquilo de habelas hainas??

Depósito -

Tes toda a razón, Paleón.
Temos problemas de coordinación e sobre todo de formación.
Do que temos que darnos conta é de que se nalgún sitio estamos gobernando é pq a xente nos votou, pq votou un programa e unha ideoloxía nacionalista. Actuemos en consecuencia.
Agora si, o que está clarísimo é que faltan directrices políticas a nivel nacional para a política municipal.

paleón -

Moi boa reflexión, e totalmente compartida. Sabes o que creo é que cando tocamos poder cada un fai o que sabe/pode sen pararse a reflexionar moito. Se ten algún coñecido que fai tal cousa en tal sitio chamao e coméntallo pero senón...
Hai moito que pulir na coordinación, a nivel nacional do BNG, no tocante á política dos concellos.
Tamén creo que pode influír que cando gobernarmos queremos "perpetuarnos" e para iso facemos cousas que cremos que lle poden gustar á xente. Esquecendo así o que somos e cara onde imos, e sobre todo que nos votaron por un programa que debemos cumplir. E así nos vai.

dorfun -

...ai!, pero tiñamos diso?