Blogia
DEPÓSITO

Servizo de atención ao cliente - Caixa Galicia

Estimado señor ...,

Dou contestación ao seu escrito recibido neste Servizo:

Na Caixa Galicia sentimos especial preocupación por mellorar os servizos que se prestan aos seus clientes. Certamente, non sempre acadamos este obxectivo, pera as comunicacións que nos chegan sérvennos para coñecer mellor non só os nosos puntos débiles, senón tamén a opinión dos clientes sobre o noso traballo diario.

A utilización do idioma galego en todos os ámbitos da nosa actividade é para Caixa Galicia un obxectivo prioritario que está neste momento na fase de progresiva implantación.

Caixa Galicia sabe que querer, coñecer e falar a nosa lingua son un deber e un dereito irrenunciables. Neste senso, no ámbito territorial de Galicia, o emprego do noso idioma xa é frecuente na publicidade e propaganda, na rotulación externa e interna, nas Normas e Notas Informativas operativas interiores e na relación diaria cos nosos clientes, como ocorre na maioría das Oficinas espalladas pola nosa comunidade dentro dunha actitude de aceptación e respecto ás preferencias de cada cliente.

Pola nosa parte tomaremos as medidas oportunas para estudar e analizar o asunto que vostede nos expón e buscaremos a mellor solución para este.

Agradecémoslle as súas opinións e suxestións. Con elas axúdanos a mellorar os servizos que queremos prestarlles aos noso clientes e a vostede en particular.

Reciba un cordial saúdo.

J.G.P.M.
Secretario xeral
A Coruña, 11 de agosto de 2004

3 comentarios

Depósito -

Caixa Galicia tamén ten unha versión en galego do seu web, mais o enderezo é ben enredante e curioso, imaxino que para que non teña moitas visitas:
http://galegos.caixagalicia.es

caladinha -

Aggggggggggggggggg, que mal me ponhen estas cousas. Así, por dicir algho, vexamos en que lingua están as páxinas webs máis importantes dependentes da entidade esta:

- Caixa Galicia:
http://www.caixagalicia.es
- NetClub de Caixa Galicia:
http://www.caixagalicia.es/netclub
- Socialia:
http://www.socialia.org/
- Ciberalia:
http://www.ciberalia.com/
De paso mirade, cantos dos exemplares fondos da mediateca de ciberalia e dos enlaces propostos son en galego.

dorfun -

...estes das relacións públicas... falan tan ben!... a ver se obran igual...