Blogia
DEPÓSITO

A última marea do Madero I

A última marea do Madero I A historia comezou hai uns cinco ou seis anos. Ramón comprou un casco vello dun barco e xa tivo entretemento durante moito tempo. Tarde, mañá, día ou fin de semana libre que tiña non facía outra cousa que ir traballar ao barco. Facer os paus con árbores ou postes da luz, lixar, vernizar, pintar, soldar, poñer as velas..., había que inventar un barco.
Ramón levaba sempre a cuadrilla: Darío, Pablo, Luís, Miguel, Fernando, Andrés... teñen pasado moitas en Rianxo, en Palmeira ou en Ribeira para ver algún día acabada a obra. A min tamén me tocou un par de veces.
O ano pasado o Madero I xa navegou pola ría. A obra xa estaba rematada, aínda que había que seguir traballando nela para perfeccionala (adornos, varandas, bandeiras...).
Xa case estaba todo listo. Pouco máis faltaba.
O cumio: que Amenábar quixera que o Madero I estivera en Mar Adentro.

O temporal acabou con todo.

Se Mar Adentro leva o Óscar, un anaquiño ten que ser para Ramón (e para Darío, Pablo, Luís, Miguel, Fernando, Andrés...).

1 comentario

paleón -

cousa curiosa, eu souben do Madero uns días antes de ir cara a Bretaña,alí estivemos cun dos seus tripulantes