Blogia
DEPÓSITO

Festa, decepción (outra) e apostas

FESTA

Hoxe á noite toca festa no Barrio de San Pedro. Hai que pasalo bomba, hai moito que celebrar. Alguén se apunta?



DECEPCIÓN (outra)

Estes días estiven facendo un curso de atención ao público para persoal da administración local organizado pola Deputación da Coruña.
O curso foi completamente en castelán!!!
Que unha institución cogobernada polo nacionalismo organice un curso de atención ao público (nin máis nin menos, ATENCIÓN AO PÚBLICO!) dirixido á administración local (As Corporacións Locais dentro do seu ámbito fomentaran a normalización do uso do galego nas actividades mercantís, publicitarias, culturais, asociativas, deportivas e outras. [art. 25]) e que se desenvolvera totalmente en castelán..., por unha parte decepcióname moito, e pola outra asústame bastante.
Vai quedar a lingua, novamente, fóra?
Cada vez máis o da Deputación paréceme vergoñento!!!



E APOSTAS

Un pouco a fío do anterior...
O programa de goberno do Bloque para política lingüística fala, entre outras cousas, de crear unha Secretaría Xeral de Política Lingüística.
O do PSdG de facer da política lingüística un eixo transversal da acción da Xunta.
Unha cousa semella estar clara para os dous: a política lingüística ten que ser transversal e o organismo responsábel non pode estar dentro de Educación (como antes).
Vaise facer un política lingüística eficaz?
Vaise crear esa rede de servizos de normalización lingüística de carácter territorial que propón o Bloque?
Vaise crear o Consello Social da Lingua Galega que propón o PSdG?
En definitiva, vai ser realmente a política lingüística unha preferencia real?

A aposta: quen vai ser o secretario ou secretaria xeral de Política Lingüística do goberno galego?
Eu teño un candidato e unha candidata preferido/a, teño un candidato favorito (non por preferencia, senón por posibilidades), manexo algúns nomes que poderían ser (uns de maior e outros de menor gusto) e penso nunha candidata que se é ela bórrome do partido (como di alguén que eu sei).
Apostades?

5 comentarios

paleón -

aha, todo pillao. A min tamén me gustaría que fose a candidata preferida súa ou o candidato preferido, do melloriño que temos.

Depósito -

Non señor Paleón. A esa que vostede di non a teño en conta nas miñas apostas, mais non sería das malas de todo. A que vostede di penso que vai ter responsabilidades de maior rango.

Paréceme arriscado dar nomes aquí, mais por dar algunha pista:
A candidata preferida non ten responsabilidade política, pero si organizativa (posibilidades máis ben poucas).
O candidato preferido non ten responsabilidade política nin organizativa (posibilidades ningunhas).
O candidato favorito (non por preferencia, senón por posibilidades)pódese abrir, mais tamén pechar.
Entre as outras posibilidades hai xente moi boa que xa ten demostrada a súa capacidade política.
A candidata coa que me borraría tivo até hai ben pouco responsabilidade política nacional, agora non ten ningunha.

paleón -

esa señora é a mesma que hai un ano era un "frontón" no local do BNG de Compos?. Conténos, cal é @ seu candidat@ preferid@.

Chorima -

Pois si, hai que pasalo bomba...

eu -

Terase en conta o criterio e as opinións das comisións para a elección das persoas que entren a formar parte do goberno?