Blogia
DEPÓSITO

Repetindo (ou da DXPL á SXPL)

Repetindo (ou da DXPL á SXPL)

Antes:

Unha noite de marcha... Pois unha noite de marcha primeiro vaise de cea. A min gústame o churrasco..., e encántanme os criollos..., e encántame que me repitan os criollos, así é como se estivese toda a noite comendo criollos... [...] E encántame o galego! Dirección Xeral de Política Lingüística.

Agora:

Unha noite de marcha... Pois unha noite de marcha primeiro vaise de cea. A min gústame o churrasco..., e encántanme os criollos..., e encántame que me repitan os criollos, así é como se estivese toda a noite comendo criollos... [...] E encántame o galego! Secretaría Xeral de Política Lingüística.

6 comentarios

caladinha -

A tutti churrasco!

pintega -

Vale, pilloume... ten razón, era para dar cabida á esperanza. Definitivamente non hai espazo para ela nesta lexislatura neste ámbito.

Depósito -

A verdade é que seguro que é iso, que contrataron un paquete de cuñas de radio para todo o ano e por iso as seguen poñendo... Mais o problema é que cando se pagan as cuñas de radio, realmente o que estás pagando é o tempo de emisión, o espazo que ocupas, polo que o contido non hai ningún problema en cambialo..., de feito, a parte final, cambiárona (a do departamento a onde pertencen as cuñas).

pintega -

Que mal pensados... seguro que o que pasou realmente é que contrataron un paquete de anuncios para todo o ano e por iso os seguen poñendo (de ilusións tamén se vive, ou como diría a miña mai: non se consola que non quere).

eue -

Proposta de enquisa: cantos políticos/as terán esa idea da lingua?

paleón -

:-))))Si ilustra ben o que se está facendo de "novidoso"