Blogia
DEPÓSITO

Manías...

[Vén Derdeiqui (aínda que con atraso)].

Das distintas acepcións que os nosos dicionarios lle dan a manía, vou coller a 3 do GDXL, que é: ’Gusto excesivo ou afección esaxerada por algo; teima’. Desboto, xa que logo, outras do estilo: ’desequilibrio mental’, ’excitación forte e obsesiva’, ’costume raro e inxustificado’, ’aversión infundada contra alguén’, ’mala vontade’, etc.

(Non sei nin cantas manías hai que pór nin a cantos blogs hai que lle pasar a bóla...).

POR EXEMPLO:

  • Non perdoar o café só en vaso de cristal con cigarro antes de saír da casa pola mañá.
  • Non perdoar o leite frío con colacao antes de meterme na cama pola noite.
  • Non usar reloxo de pulseira.
  • Afeitarme os domingos pola mañá e estando en xaxún.
  • Ter ducias e ducias de folios A4 dobrados pola metade e metidos en axendas, libretas, libros, bolsos, carpetas, etc., nos que anotei cousas (e que nunca aparecen cando teñen que aparecer).

[Vai para, por exemplo: O Leo i ArremecaghonaPaleónAbrilsempre, Caladinha, Acedre (a ver se atino con que ningún blog repita)].

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres.

5 comentarios

nando -

Ola! Preciso falar contigo... mais non atopo o enderzo de correo electrónico no perfil. ¿podes escreberme a nandinho_gz@hotmail.com? GRAZAS!!

eue -

Encántame a 5.ª e por suposto compártoa.
Como di unha colega común "debín de apuntalo nunha verza"
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres

Arremecaghona -

A min xa me retou a Lúa Neghra hai un tempo ;-)

acedre -

Eu xa puxen as minhas manias o dia 23 de xaneiro.
Un saudo.

pintega -

Estou case convencida de que escribiu as súas manías só para que eu perdese a aposta
;-D
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres