Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

Selección galega de fútbol: algúns detalles [case sen importancia...]

20051221205724-bufanda-galiza.jpg

Selección galega xa!... Desta foi!

O día 29 ás 21.00 h hai que estar no Estadio de San Lázaro!

Guste máis, guste menos o fútbol, ten que ser unha gran festa!

Gañemos ou non, Galiza nación! [Cómpre ir ensaiando os cantos... (ideólogos e ideólogas, creade lemas -o aquí reproducido foi creado por unha ideóloga nunha noite compostelá-)].

É tanta a ilusión da xente que xa dan igual moitos detalles [case sen importancia]:

  • Que a selección galega de fútbol foi presentada en Madrid e non aquí: Galiza ceibe, poder popular!
  • Que o deseño da camisola non lle gustou á maioría da xente: non pasa nada, a partida está gañada!
  • Que a camisola e a bufanda oficiais custan unha auténtica barbaridade e que ademais podes ir lucindo publicidade da galeguísima caixanova [se entras no seu web, intenta buscar a versión no idioma do país], ir lucindo o lema Zico España [fai o mesmo que co outro web], etc.: a vindeira tumbadela, tocaralle a Castela!
  • Que no país tecnolóxico que temos case toda a información se centralice na rede, que as entradas só se poidan mercar nun sitio, que a xestión das entradas para grupos foi un auténtico desastre...: Con esta vitoria, faremos historia!
  • Que xa antes de comezar hai polémica: O dobre de caña, levaría España!

 

[Este espacio está patrocinado por Caixanova, Estrella Galicia y Gadis]

21/12/2005 20:54

Comentarios » Ir a formulario


Autor: pintega

Primeiro: quédome con todos os seus lemas, están moi logrados.
Segundo: nunca aprenderemos, segue sen aplicarse o sentido... común neste tipo de cuestións.

Fecha: 22/12/2005 10:42.



Autor: Depósito

Se se fixesen ben as cousas as camisetas debería facelas un equipo formado por Aduaneiros, 11 varas, ReiZentolo, Manis Dixital...

Fecha: 22/12/2005 14:00.


gravatar.com
Autor: pintega

Aínda estamos a tempo de facer un manifesto a favor diso?

Fecha: 22/12/2005 15:28.



Autor: eue

Adhírome ao manifesto e ás consignas cantadas

Fecha: 23/12/2005 20:56.


gravatar.com
Autor: williams

holacomo estas mane

Fecha: 15/01/2006 18:42.


Añadir un comentario




No será mostrado.






Suscrí
bete a este blog. RSS 2.0 Este Blog ha sido creado con Blogia. Ver derechos de autor . Estadísticas. Admin. [Blogia colabora con 1001 relatos.]