Selección galega de fútbol: algúns detalles [case sen importancia...]
Selección galega xa!... Desta foi!
O día 29 ás 21.00 h hai que estar no Estadio de San Lázaro!
Guste máis, guste menos o fútbol, ten que ser unha gran festa!
Gañemos ou non, Galiza nación! [Cómpre ir ensaiando os cantos... (ideólogos e ideólogas, creade lemas -o aquí reproducido foi creado por unha ideóloga nunha noite compostelá-)].
É tanta a ilusión da xente que xa dan igual moitos detalles [case sen importancia]:
- Que a selección galega de fútbol foi presentada en Madrid e non aquí: Galiza ceibe, poder popular!
- Que o deseño da camisola non lle gustou á maioría da xente: non pasa nada, a partida está gañada!
- Que a camisola e a bufanda oficiais custan unha auténtica barbaridade e que ademais podes ir lucindo publicidade da galeguísima caixanova [se entras no seu web, intenta buscar a versión no idioma do país], ir lucindo o lema Zico España [fai o mesmo que co outro web], etc.: a vindeira tumbadela, tocaralle a Castela!
- Que no país tecnolóxico que temos case toda a información se centralice na rede, que as entradas só se poidan mercar nun sitio, que a xestión das entradas para grupos foi un auténtico desastre...: Con esta vitoria, faremos historia!
- Que xa antes de comezar hai polémica: O dobre de caña, levaría España!
[Este espacio está patrocinado por Caixanova, Estrella Galicia y Gadis]
5 comentarios
williams -
eue -
pintega -
Depósito -
pintega -
Segundo: nunca aprenderemos, segue sen aplicarse o sentido... común neste tipo de cuestións.