Blogia
DEPÓSITO

A importancia da promoción institucional

A importancia da promoción institucional A televisión no Estado español inaugurouse oficialmente o 28 de outubro de 1956. Non hai ningunha dúbida do enorme impacto que supuxo a súa chegada na vida social e familiar, especialmente nos anos sesenta, e non sempre para ben.

Nun primeiro momento era un produto caro, fóra do alcance da maioría da poboación, incluso tiña un imposto de luxo que estivo en vigor desde 1956 até que foi suprimido o 23 de decembro de 1965 (eran 500 pesetas anuais), pois o réxime franquista deuse conta do grande rendemento propagandístico que á televisión se lle podía sacar, polo que ademais de suprimir ese imposto, fomentou unha importante rede de teleclubs. Era ministro de Información e Turismo o señor Fraga Iribarne (1962-1969).

Desde 1953 a 1968 o número de receptores creceu de forma espectacular:

1958: 30.000 televisores no estado.
1963: 300.000 aparatos no estado.
1965: 1.250.000 televisores no estado.
1968: máis de tres millóns.

Cando desde o goberno se quere fomentar algo pódense conseguir moitas cousas.

2 comentarios

eu -

Bemvindo!

Anónimo -

Pois imaxinade que houbese o mesmo interese en promocionar, por exemplo, a lingua galega, a música en galego, a cultura galega, o software libre, a literatura, a prensa en galego, etc., etc., etc.