Blogia
DEPÓSITO

Andan parvas

Dous paxaros en dous días. Entre onte e hoxe asasinei dúas andoriñas.

Onte, cando ía no coche do traballo para a casa, vin que unha andoriña que voaba desconcertada viña cara a min, cara ao meu coche. Era unha andoriña kamikaze, un paxaro suicida que ante a colonizalión mecánica do seu medio natural se lanzaba sobre o meu coche sabendo que ía morrer ela. Tentei evitalo. Tentei apartarlle o coche. Pero nada..., nada. A andoriña bateu nun lateral da parte dianteira. Quixen parar, pero non parei. Seguín e fun mirando polo retrovisor como a andoriña se revolvía no chan, como botando, e como dúas ou tres compañeiras súas se achegaban a ela, como acudíndoa. Non sei cal sería o seu final. Temo o peor. Deume pena, moita pena.

Hoxe, cando viña para o traballo, a escena repiteuse case exactamente igual. Outra andoriña kamikaze. Están en guerra contra nós..., ou andan parvas.

3 comentarios

leituga -

Curioso o das andoriñas... igual é sempre a mesma, que xoga a un xogo macabro contigo, quen sabe! Os animais son máis listos do que parece a primeira vista.

dorfun -

será o seu xeito de rebelarse!

Xosé Antón -

O feito da que deconfiar... A fin dos tempos achégase...