Gasosa: bebida agropop?
A gasosa é unha bebida composta pola mestura de auga, gas, sacarina e ciclamato que todas e todos temos ou tiñamos nas nosas casas, servida a domicilio. Antigamente o reparto facíase en carros de cabalos, despois en moto-carro e finalmente cun camión.
É curioso que até o ano 1816 as gasosas só se podían vender nas boticas, pois estaban consideradas preparados medicinais.
Está claro que até hai ben pouco a empresa gasoseira galega era importante nas pequenas e medianas vilas. A primeira empresa de gasosas galega fundouse en Compostela en 1886. A partir desa data en case todos os concellos do país había unha fábrica para producir primeiro gasosas brancas e posteriormente de limón, de laranxa, sifóns e rasodas (refrescos de cola). Estas repartíanse polas casas e viñan en botellas retornábeis de vidro dun litro e con tapón mecánico de plástico, metal e goma laranxa para que non perdesen o gas. Todo o mundo coñece, mercou, probou, veu, etc., Gasosas Maruxa, Pitusa, Suárez, Teimar, Barbanza, Fonte Roca, Abelleira, Lidia..., e como non, La Revoltosa e La Casera. En toda mesa á hora de xantar tiña -ou ten- que haber gasosa.
A penetración de novos refrescos polas multinacionais fixo que retiraramos as nosas gasosas de enriba do mantel e polo tanto tamén fixo case desaparecer as pequenas fábricas, aínda que algunhas aínda resisten. Fagamos que poidan seguir vivindo, xantemos con gasosa.

7 comentarios
porquiño -
paleón -
Depósito -
Teño que ir modernizándome!
dorfun -
caladinha -
caladinha -
Ah, esquecéuseche Gasesosas Alonso, dalá das terras de Deza, que sobrevive aínda ;-)
Depósito -