Blogia
DEPÓSITO

Polo xeito de mirarche

Polo xeito de mirarche diría que che odio
e non quero que sexa certo
non podo dicir que non che quero
mais non che quero ver así.
Debería falar e calo
non deixo de estar calado
morro por dicir o que non digo
e digo que non falo.
Loito e non loito, mais quero
quéroche e non che quero, mais loito.
O loito para cando morras,
e non morras! Non che deixamos morrer!

Existe un paraíso habitado por violadores
por asasinos, degoladores e capadores
que se botan enriba dun até acabar con el.
E matan, sempre matan.
Rouban e condenan ladróns
matan e condenan asasinos
e o paraíso non esperta
non o deixan espertar
porque tamén lle roubaron o seu sono
porque tamén lle roubaron o seu soño.

Terra e mar!
Chuvia e ar!
Axudádeme!

A terra acabará enterrándoos
e o mar afogándoos.
A chuvia borrará as pegadas
e o ar faranos espertar.

Xa veredes!

3 comentarios

revelde -

Hai moitos xeitos de mirar e aínda que non o creamos en todos eles sempre gardamos un pouco de amor e un pouco de odio. Moi bonita poesía. Felicítote.

paleón -

...eu tamén merco outro, e todos, con el posto, poderíamos ir a un monte e en encher de poemas os troncos das árbores...

SARA -

Pois iso, comecemos a mercar traxes de apicultor...