Blogia
DEPÓSITO

Xornal de Galicia

Parece que vai nacer un novo periódico, Xornal de Galicia, e disque vai ser unha aposta por defender os valores asociados á liberdade de expresión e de pensamento, desde a súa recoñecida independencia.

A min de momento isto paréceme unha oportunidade perdida para ter un verdadeiro xornal en galego. Ao mesmo tempo xórdenme varias preguntas: por que estes poden e Edicións de Referencia non?, por que estes poden e A Nosa Terra non? A pregunta penso que ten unha resposta: o negocio inmobiliario (o que penso que xa pon algo en dúbida a verdadeira independencia, non?).

2 comentarios

Arduina -

Non hai un que é Galicia Hoxe? Ou xa non esta? Sei que saira hai un tempo, eu mercabao.

Boedense -

Zume novo para a prensa galega, pero, asi a todo,imos ver canto lle dura a súa suposta independencia informativa.