Blogia
DEPÓSITO

Até sempre, compañeiro

Até sempre, compañeiro FALANDO suxetivamente, decídeme:
¿pode, sen temor, ollar o ser humano
dun xeito obxectivo a propia morte...?
¿Por que a morte nos enche a todos
de arrepío? ¿A morte non será como
a conciencia: algo subxetivo...?
Unhos non se dan a ela doadamente:
loitan, sofren deica que caen
vencidos, derrotados e desfeitos.
Outros entréganse sen mais.
[...]
Preguntamos. Preguntamos. Preguntamos.
Estamos sempre preguntando.
E ninguén nos resposta: intuimos
que a morte ignora tódalas preguntas.

- - - - - - - Os carreiros da morte, Manuel María- - - - - - -

A dor da ausencia retórceme
como un carballo
de catrocentos anos.

A ausencia
fai en min un oco
que se enche de tristura.

Eu son impotente
i ardo de carraxe.

Mais
a túa lembranza poderosa
sempre fai tremar a miña carne.

- - - - - - - Poemas da ausencia, Manuel María- - - - - - -

3 comentarios

Boedense -

A Terra Cha e Galicia enteira non te esquecerán xamais. Unha aperta para Manuel María

caladinha -

Ata loghinho.
Agora xa pode vagar sen presa polas rúas do vento ceibe

Hoxe triste -

Aquí queda a clara,
a entrañable transparencia
da túa querida presenza
compañeiro Manuel María!