Blogia
DEPÓSITO

O insultante señor Sillón-T

O insultante señor Sillón-T

Non dou aprendido. Sei que me fai mal, que me altero cada vez que o leo, que non é bo para a miña saúde, pero..., cunha certa curiosidade e tamén certa dose de masoquismo aínda ás veces o sigo lendo. Por iso teño a sospeita de que boa parte dos seus lectores e das súas lectoras persiguen o mesmo que moitos/as que escoitan a Jiménez Losantos ou len a Pedro Arias, Blanco Valdés, Pedro J. ou Ansón (sinten curiosidade, queren rirse un pouco e acaban enfurecidos/as).

O conto é que o insultante señor Sillón-T a semana pasada parece que vía en perigo os dereitos de toda a cidadanía española, a lingua de Cervantes, de 20 nacións e de 400 millóns de persoas, o sistema democrático e a integridade do Estado español polo feito de que alguén tivo a ousadía de enviarlle a el, nin máis nin menos que a el, unha carta desde as "Vascongadas" co cuño de "franqueo pagado" nunha lingua que non era a "común española".

Esta semana a cousa está aínda máis chunga (cómpre botar man da súa académica linguaxe). O Psoe busca un putiferio insolidario onde cada "perro lame su ciruelo". O PP "meapilas". IU imbécil. Todos "gilipollas" porque teñen medo que os chamen fachas. E mentres tanto os nacionalistas conseguindo cousas sen ter que pegar tiros e sen que Franco bombardee Barcelona. Xa está ben, non!?

E todo porque un seu amigo, José Manuel, non atopa traballo en Barcelona porque non sabe catalán. Onde queda a puta igualdade de oportunidades? E seguro que para máis inri aínda lle pedirán que teña coñecementos de informática! E para algún traballo que saiba algo de inglés! E se chega a querer ser comercial non me estrañaría que lle obrigasen a ter facilidade de comunicación! Foder, non hai dereito!

Vale. Estou de acordo en que neste putiferio a xente poida falar como lle saia dos collóns. De feito, quero que aquí a xente fale como lle saia dos collóns. O que pasa é que eu aquí tamén quero falar no que me sae (e non precisamente dos collóns). E se quero dirixirme ao meu concello en galego, a funcionaria ou funcionario de turno terá que saber galego. E se me quero casar en galego, o xuíz ou a xuíza de turno terá que saber galego. E se quero recibir educación en galego, o mestre ou mestra de turno terá que saber galego. Iso é o que entendo eu por dereitos e por un Estado que vele para que todos sexamos iguais e teñamos as mesmas oportunidades.

O tema está en que os dereitos individuais na administración rematan onde empezan os dereitos individuais da cidadanía, señor Sillón-T. E eu quero ter dereito, señor Sillón-T, a poder usar a "miña" lingua perante a "miña" administración. Se deus e vostede, señor Sillón-T, mo permitides.

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres.

3 comentarios

candorca -

O do sr. don Reverte xa lle chega... Con respecto á lingua sempre cae nos topicazos da tradición ideolóxica española. "Una lengua" fronte a "la torre de Babel"... Que non é a apocalise Reverte, a ver se te enteras...
Son un lector frecuente dos seus artigos, pq me parece un animal cunha capacidade expresiva enorme... agora ben, ollo, este home ve de lonxe conceptos coma Diversidade, Multilingüismo, etc. Sempre me sorprendeu un seu artigo titulado "gallegos" onde louvaba á xeración Nós e predicaba flores do Álbum Nós e de Castelao... Parabéns depo. pola reflexión
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres

acedre -

Pois eu tamen leo a Reverte. Faime gracia como escribe sendo asi de falton. Non coincido coas suas ideas e unha vez que se queixou de que pintasen burdas 'x' nos carteis das estradas chegou a quentarme pero bueno...
Estou de acordo contigo con que un empregado publico tenha que saber a lingua do publico ao que atende aparte de que tenha os conhecementos necesarios para desenrolar o seu labor.
Esas queixas sobre a lingua son iso, queixas de xente non conforme.
Un saudo.

Tawil -

É \'incrível\' (já cheirava algo quando era repórtere) a transformaçom \'losantista\' que experimentou o senhor académico.

Chegou um tempo no que ele é o único que tem \'patente de corso\' para insultares, citar às nais dos que nom som do seu agrado. Ele é o mais culto, dono da Verdade, e os demais... \'que les den por culo\'. Todo nacionalismo e mau agás o seu nacionalismo espanhol. Os bascos, os cataláns e nós os galegos somos uns pailáns, uns incultos, que miramos para os nossos embigos, Quando é a nosa obriga histórica fitar só o seu! (O de Espanha nom, o do Mister T! -oes mira tu, igoal que o da Equipa A ;)-)

A mim da-me úlcera só de pensar nele...
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres