Blogia
DEPÓSITO

Miraxes

Miraxes

Paréceme ben Ouvirmos. Paréceme estupenda Mercedes Peón. Paréceme fenomenal a exposición do MACUF e aínda máis a da Eugenio Granell. Paréceme marabilloso que actuara a Sinfónica de Melide. Paréceme ben que esta semana actúen a Sinfónica, a Filharmonía e The Soundtrack of our Lives + Sloan...

Pero pareceríame mellor que se soubera algo máis, por exemplo, de todo o que está fervendo na rede coas 1.000 bitácoras en galego e centos de iniciativas de todo tipo; dos tamén 1.000 grupos que andan a facer boa música en galego e de todos os estilos; de moitos outros concertos, recitais, contacontos..., que seguro que hai por aí en moitos pubs espallados polo país adiante; de máis xente nova, activistas culturais, asociacionismo, presentacións de libros, etc., etc., etc.

Pareceríame mellor que se souberan máis cousas de Ruxe Ruxe, A Compañía do Ruído, The Homens, A banda de Poi, Dios ke te Crew, O Leo i Arremecaghona, A Matraca Perversa...

Pareceríame mellor que se souberan máis cousas sobre que é iso de Blogaliza, Paleón, As túas balas, Caladinha, As Crónicas Prusianas, Todonada, Días estranhos...

Pareceríame mellor que se souberan máis cousas sobre Arredemo, Aduaneiros,  Edicións da Rotonda, A Gentalha do Pichel, Radios Livres...

Pareceríame mellor que se souberan máis cousas sobre...

Por parecer, tampouco me parecía mal Con C de Cultura.

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres.

8 comentarios

nos -

que pasa con alg-a????

truman -

xa sairon moitos deles

ana -

calma...

dios k te crew, en marcha,
aduaneiros, xa saíron,
a rotonda, todonada... houbo entrevista a maría yáñez,
esperemos que haxa tempo para todos!!!!
banda de poi xa tiveron entrevista no plató.

non está mal, non?
a sinfónica de melide?

ana -

calma...

dios k te crew, en marcha,
aduaneiros, xa saíron,
a rotonda, todonada... houbo entrevista a maría yáñez,
esperemos que haxa tempo para todos!!!!

a sinfónica de melide?
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres

jau -

a ver se nos din maís desa Banda de Poi, galego-portugués, rock??, metal??

Anónimo -

hai que darlle tempo, xa sairon algúns como edicións da rotonda

roi -

eu tamén

Calidonia -

Subscribo todo ao 100%
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres