Blogia
DEPÓSITO

Sarabanduxa

Sarabanduxa

5 de agosto

Boiro

>Lamatumba >Tokyo sex destruction >El columpio asesino >Phantom Club >Haiku >Nao >Actividades deportivas >Zona de acampada >Graffiti >Proxeccións audiovisuais >Paintball >Asociacionismo >>>E moito máis

Organizan: Galiza Nova do Barbanza, Arelas, Nova Barbantia, Cruz Vermella Xuventude, Concellaría de Mocidade do Concello de
Boiro e Dirección Xeral de Xuventude da Xunta

1 comentario

romates -

como podería plasmar neste formulario o cúmulo de despropósitos q foi este "festival" (por chamarlle algo..). As cousas empezaron a cheirar cando chegamos e a policía local nos comenta q non podemos aparcar diante da zona de acampada, porque non hai tal zona de acampada, pq non hai constancia ningunha no concello de tal cousa (no cartel decían q había duchas e baños..jaja...) Así que montamos a tenda confiando na boa fé dos munipas, din q non nos van multar. Achegámonos ós escenarios, pero ás 19 (hora de comezo) ainda non está montado nada. Na barra do bar hai menos variedade q en calquera botellón da praia, e os cubatas a 3,5€ parecen miniaturas. Non hai nada q facer,o escenario pequeno é un insulto para calquera grupo que toque nel, catro ferros mal postos e os músicos q non collen no pouco espacio q queda. Algún grupo queda fora do cartel por falta de tempo, despois de estar esperando horas e horas...tomadura de pelo monumental, puteo, desorganización...merda de festival. Eu non volvo.