Blogia
DEPÓSITO

Eleccións?

Eleccións? Disque estamos en campaña... Alguén se enterou?

Supoño que alguén si, pero... é esta unha campaña normal? Interésalle o suficiente aos partidos? Interésalle o suficiente aos medios de comunicación? Interésalle bastante a nós, electoras e electores? Hai bastante información? Por que???

Por que os medios de comunicación non fan especiais? Por que os partidos non fan o mesmo esforzo -ou parecido- que noutras ocasións?

Os niveis de abstención parece ser que van ser altísimos... estase facendo o suficiente por evitalo? Por que non? Está interesando a abstención? Que é o que está a pasar? Crise electoral? Crise política? Crise democrática?

6 comentarios

Xosé Antón -

Pois temos que arrimar todos o ombreiro e dar unha man de pintura...

Pépi -

Ah! E sempre há umha primeira vez ;D

http://www.nosgaliza.org

Pépi -

A mim nom me preocupa essa perda de color por parte desses "alguns". Nunca estiverom plenamente coreados ;DDD

caladinha -

Que alghen lles dea unha botella de micolor antes de que sexa demasiado tarde!!

paleón -

Benvido!!!

Eu -

Parece que a algúns (véxase estrela) estanlles (ou quizais estannos) a aclarar as cores...