Blogia
DEPÓSITO

...e chámannos parvos!

...e chámannos parvos! Chámannos parvos porque calamos
cando nos chaman parvos
e somos pailáns porque non dicimos nada
cando nos chaman pailáns.
E queren que sexamos personaxes
para que deixemos de ser persoas;
e somos bestas, burras vellas, poetas do carallo
e man de obra.
Eramos escravos e diciamos que eramos emigrantes
porque traballabamos fóra,
e fóra chovía, facía frío, ventaba
e eramos borrachos porque bebiamos augardente
e porcos porque mexabamos nas mans...

... e chámannos parvos!

3 comentarios

Pépi -

Vaia, se o dorfun também passou por aqui... Como di el, igual também deveriamos reclamar esse jeito diferenciador... como os espanhóis som TAM LISTOS...

Sara -

Manda carallo... e aínda así chámannos parvos!

Hai que rebelarse... Hai que mercar traxes de apicultor!!!

dorfun -

...ó mellor hai que reivindicar o noso dereito a ser parvos...