Máxima audiencia
Estimados amigos e amigas de Crónicas Marcianas, Pecado Original, Caiga quien Caiga e TNT,
Estes días estase a proxectar de xeito expansivo en todo o territorio galego a película libre, independente e colectiva Hai que botalos, coa que se pretende amosar unha visión crítica da situación real na que se atopa Galiza.
Esta película está composta por 24 curtametraxes, está promovida polo colectivo Burla Negra, por A fraga maldita e pola rede Arredemo co obxectivo de estimular o boto nas eleccións galegas do 19 de xuño de 2005.
No desenvolvemento deste proxecto participaron máis de 300 persoas.
O proxecto está sufrindo un claro apagón informativo por parte dos medios galegos, mais para combatelo proxectarase en máis de 300 puntos de toda Galiza, fixéronse 2.000 copias para distribuír en DVD, e está na rede para poder descargar de balde (en só uns poucos días en www.haiquebotalos.com xa se fixeron máis de 25.000 descargas).
Gustaríame que lle botasen unha ollada a algunha destas curtametraxes para que, de ser posíbel, comentasen no seu programa algo sobre a situación social que vive Galiza e a deran a coñecer ante a opinión pública do Estado español (recoméndovos, por exemplo, as curtas Carretaxe, ¿Nunca Máis?, Punto final, etc.).
Esta película non é de ningún partido político (nin se pode facer uso partidista dela), senón que nace de colectivos sociais co único fin de que a xente vote para "botar" a Fraga do Goberno galego.
Ligazóns:
Hai que botalos (Información e descarga da película)
Arredemo
Moitas grazas pola atención e un saúdo.
Para: cronicasmarcianas@telecinco.es, pecadooriginal@telecinco.es, cqc@telecinco.es, tnt@telecinco.es.

4 comentarios
Depósito -
Así, polo menos, sae algo na prensa.
Eu tamén vin ese anuncio da proxección da película en Oleiros, mais vino no Ideal Gallego (e un anuncio publicitario-privado).
Arduina -
Non sei se che farán caso, a boa porta vas petar. Eu xa perdín as ganas.
Hoxe viña un anuncio na Opinión da Coruña cunha proxección de Hai que Botalos. Pero era un anuncio privado.
Algo é algo.
Depósito -
Arduina -
Hano ter dificil :(