Blogia
DEPÓSITO

Prensa de circunstancias e á medida

Prensa de circunstancias e á medida O de onte (domingo 29 de maio) de El Correo Gallego pode deixar coa boca aberta a calquera. Isto si que é prensa comprometida (e menudo compromiso!).
Sei que en filosofía este tipo de traballos teñen un nome, mais non lembro cal é. Primeiro fanse as conclusións ás que hai que chegar (por estúpidas que estas sexan, como é este caso) e logo hai que ir buscando datos (como se poida) para que as argumentacións poidan adaptarse ás conclusións (feitas a priori). Esta metodoloxía, as cousas como son, utilízase bastante..., agora ben, nunca vin nada tan pouco disimulado (que caradura!).

Pois si. Citas textuais:
"Toda unha serie de enfermidades, desde o asma até o cancro, ao chegar á vellez, ralentízanse ou incluso remiten".
"Un dos mitos do pouco que os maiores poden achegarlle á sociedade comeza a desmoronarse. Moitos deles manteñen a súa plenitude creativa bastantes anos despois da idade de xubilación".
"Que valora máis dun líder político? Do 90% ao 96% privilexian primeiro a capacidade intelectual; segundo, o estado de saúde; e terceiro, a capacidade física.
"Aos 40 anos un acerta ou comete torpezas. Se falamos de política, ás veces, irreparables. Aos 40 pódeche a vitalidade. Aos 80, neste ordenador -sinala a cabeza- está arquivada a nosa bagaxe, a nosa experiencia. Non repites os mesmo erros".
"A idea de que Manuel Fraga sexa o candidato do PP ás autonómicas galegas non gusta á oposición e para isto a súa estratexia baséase na inapropiada idade do León de Vilalba para exercer como presidente da Xunta. Os exemplos documentados a continuación (e falan de Picasso, Chiang Kai-Chek, Teresa de Calcuta, Fidel Castro, Strom Thurmond, Gianni Agnelli, Mitterrand e moitos máis músicos, pintores, poetas, escritores, etc.) demostran que esta estratexia está baseada en desexos, non en datos científicos".

Conclusión: Obxectivamente, Fraga, debido aos seus 82 anos, é o mellor candidato, pois Quin ou Touriño, ao andar polos corenta e pico ou cincuenta non farían máis que cometer torpezas, se cadra irreparábeis."

Todo este rigor informativo está aquí.

0 comentarios