Se muestran los artículos pertenecientes a Octubre de 2004.
11/10/2004
O PP de Betanzos e o Psoe da Coruña mófanse de Manuel María
O outro día asistín a unha homenaxe na Coruña a Manuel María á que asistiron unha 500 persoas. Esta homenaxe tivo que ser na Universidade, pois o Concello non deixou utilizar para este fin ningún teatro nin auditorio municipal.
Ademais, no último pleno propúxose nomear a Manuel María fillo adoptivo da cidade, pois estivo vencellado a ela desde moi novo e nela pasou os últimos anos da súa vida. O votos en contra do Psoe evitárono.
Hoxe leo en A Nosa Terra:
O PP de Betanzos mófase de Manuel María
O PP cualificou ao poeta Manuel María de "caricatura de si mesmo" nun pleno do concello de Betanzos no que se decidía dedicarlle unha rúa. O grupo popular , encabezado por María Faraldo Botana, verteu unha serie de xuízos de valor desprestixiando a figura do poeta chairego, moi vencellado á vila betanceira.
O pleno comezou cunha intervención do concelleiro do BNG e escritor, Xabier López López, que fixo unha exposición dos motivos de lle dedicar unha rúa ao recentemente falecido Manuel María. Entre as razóns que expuxo o grupo do BNG, destacan "a súa condición política e a necesidade de recordar o seu compromiso cívico, que foi moito máis alá do vago esteticismo de moitos creadores". A intervención de Xabier López rematou coa lectura do poema titulado Acuso á clase media. Ademais, agradeceu o voto favorábel tanto do PSOE como do PP, que fora anunciado na comisión de programación do día anterior.
Cando chegou a quenda de explicacións do voto favorábel do grupo popular, a súa portavoz, María Faraldo, sinalou non estar de acordo co exposto polo concelleiro nacionalista. Entre outras afirmacións, dixo que "non entendo por qué hai que recoñecer unha vida dedicada por enteiro á poesía". Acto seguido, denunciou "a teima dalgúns partidos con homenaxear escritores". Tamén declarou "non compartir en absoluto o sentido do poema Acuso á clase media " porque segundo a concelleira "esta clase é a que nos deu unha carreira a moitos dos que estamos aquí".
O concelleiro do BNG, Xabier López, respondeu subliñando "a absoluta falta de respecto do PP". Foi entón cando pediu a palabra o concelleiro do PP, Francisco Martínez Pin , para comunicar que "dá a sensación de que só se dedican rúas aos do BNG". Puxo en dúbida, ademais, o valor literario do escritor aludindo que "sobre a poesía e os méritos literarios de Manuel María habería moito que dicir". Rematou a súa intervención cunha ofensa sinalando que o chairego "acabou converténdose nunha auténtica caricatura de si mesmo.
Enviémoslle unha queixa a:
María Dolores Faraldo Botana
Voceira do Partido Popular
Concello de Betanzos
Praza da Constitución 1
15300 Betanzos"

11/10/2004 10:35 Enlace permanente. Hay 2 comentarios.
13/10/2004
A última marea do Madero I
A historia comezou hai uns cinco ou seis anos. Ramón comprou un casco vello dun barco e xa tivo entretemento durante moito tempo. Tarde, mañá, día ou fin de semana libre que tiña non facía outra cousa que ir traballar ao barco. Facer os paus con árbores ou postes da luz, lixar, vernizar, pintar, soldar, poñer as velas..., había que inventar un barco.Ramón levaba sempre a cuadrilla: Darío, Pablo, Luís, Miguel, Fernando, Andrés... teñen pasado moitas en Rianxo, en Palmeira ou en Ribeira para ver algún día acabada a obra. A min tamén me tocou un par de veces.
O ano pasado o Madero I xa navegou pola ría. A obra xa estaba rematada, aínda que había que seguir traballando nela para perfeccionala (adornos, varandas, bandeiras...).
Xa case estaba todo listo. Pouco máis faltaba.
O cumio: que Amenábar quixera que o Madero I estivera en Mar Adentro.
O temporal acabou con todo.
Se Mar Adentro leva o Óscar, un anaquiño ten que ser para Ramón (e para Darío, Pablo, Luís, Miguel, Fernando, Andrés...).
13/10/2004 11:31 Enlace permanente. Hay 1 comentario.
19/10/2004
De todas as cousas sobre as que se pode escribir...
De todas as cousas sobre as que se pode escribir,
e son moitas,
quizais ti, e poucas máis ca ti,
permiten expresar tantas contradicións.
Quizais porque ti es todo.
Porque contigo, aínda sendo feliz, estase triste,
e contigo hai amor, pero tamén hai odio,
e hai vitoria, pero tamén derrota,
e camiño, pero tamén barreiras, muros, enreixados, cerramentos,
e cada vez máis cómpre dicir terra
cómpre dicir lingua, e clase, e sexo
cómpre sorrir moito
cómpre mirar aos ollos, fixamente,
cómpre suar, ou non suar, pero merecelo.
Traballar, regalar letras de cancións
camiñar, reclamar o dereito a ser escoitado
falar, que os demais tamén o vexan
deitarse, soñar como oxalá foses
e seguro que es
e se non es,
serás, ou non serás.
Conciencia?, compromiso?, denuncia?, participación?, transformación?
conflito dinamizador?
movemento social?
clase?, raza?, sexo?, lingua?
organización social harmónica? pacífica? solidaria?

19/10/2004 20:01 Enlace permanente. Hay 2 comentarios.