Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

Se muestran los artículos pertenecientes a Julio de 2005.

01/07/2005

Festa, decepción (outra) e apostas

FESTA

Hoxe á noite toca festa no Barrio de San Pedro. Hai que pasalo bomba, hai moito que celebrar. Alguén se apunta?



DECEPCIÓN (outra)

Estes días estiven facendo un curso de atención ao público para persoal da administración local organizado pola Deputación da Coruña.
O curso foi completamente en castelán!!!
Que unha institución cogobernada polo nacionalismo organice un curso de atención ao público (nin máis nin menos, ATENCIÓN AO PÚBLICO!) dirixido á administración local (As Corporacións Locais dentro do seu ámbito fomentaran a normalización do uso do galego nas actividades mercantís, publicitarias, culturais, asociativas, deportivas e outras. [art. 25]) e que se desenvolvera totalmente en castelán..., por unha parte decepcióname moito, e pola outra asústame bastante.
Vai quedar a lingua, novamente, fóra?
Cada vez máis o da Deputación paréceme vergoñento!!!



E APOSTAS

Un pouco a fío do anterior...
O programa de goberno do Bloque para política lingüística fala, entre outras cousas, de crear unha Secretaría Xeral de Política Lingüística.
O do PSdG de facer da política lingüística un eixo transversal da acción da Xunta.
Unha cousa semella estar clara para os dous: a política lingüística ten que ser transversal e o organismo responsábel non pode estar dentro de Educación (como antes).
Vaise facer un política lingüística eficaz?
Vaise crear esa rede de servizos de normalización lingüística de carácter territorial que propón o Bloque?
Vaise crear o Consello Social da Lingua Galega que propón o PSdG?
En definitiva, vai ser realmente a política lingüística unha preferencia real?

A aposta: quen vai ser o secretario ou secretaria xeral de Política Lingüística do goberno galego?
Eu teño un candidato e unha candidata preferido/a, teño un candidato favorito (non por preferencia, senón por posibilidades), manexo algúns nomes que poderían ser (uns de maior e outros de menor gusto) e penso nunha candidata que se é ela bórrome do partido (como di alguén que eu sei).
Apostades?
01/07/2005 12:44 Enlace permanente. Hay 5 comentarios.

08/07/2005



Suscrí
bete a este blog. RSS 2.0 Este Blog ha sido creado con Blogia. Ver derechos de autor . Estadísticas. Admin. [Blogia colabora con 1001 relatos.]