Se muestran los artículos pertenecientes a Mayo de 2005.
22/05/2005
REACTIVADO PARA O CAMBIO
Este blog reactívase para o cambio.
Cada gran de area é importante!
Temos que conseguilo.
HAI QUE BOTALOS!
Desta TEN QUE IR!
Cada gran de area é importante!
Temos que conseguilo.
HAI QUE BOTALOS!
Desta TEN QUE IR!
22/05/2005 12:17 Enlace permanente. No hay comentarios. Comentar.
23/05/2005
PARTICIPACIÓN
Hai ben tempo que non vexo tanta actividade, tanto entusiasmo, tanta rede, tanta esperanza, tanta mocidade activa, tanto traballo, tanta comunicación, tanto foro, tanta pedagoxía, tanta información, tantas ganas de mudar, tanta defensa..., e sobre todo, hai ben tempo que non vexo tanto medo!Se fai falla, nós tamén os buscaremos debaixo das pedras, pero desta vai!
23/05/2005 12:57 Enlace permanente. Hay 1 comentario.
24/05/2005
VOTOS E SARDIÑAS
A participación será máis alta que nunca......o día das eleccións coincide coa sardiñada das festas.
24/05/2005 11:42 Enlace permanente. Hay 1 comentario.
26/05/2005
Máxima audiencia
Estimados amigos e amigas de Crónicas Marcianas, Pecado Original, Caiga quien Caiga e TNT,
Estes días estase a proxectar de xeito expansivo en todo o territorio galego a película libre, independente e colectiva Hai que botalos, coa que se pretende amosar unha visión crítica da situación real na que se atopa Galiza.
Esta película está composta por 24 curtametraxes, está promovida polo colectivo Burla Negra, por A fraga maldita e pola rede Arredemo co obxectivo de estimular o “boto” nas eleccións galegas do 19 de xuño de 2005.
No desenvolvemento deste proxecto participaron máis de 300 persoas.
O proxecto está sufrindo un claro apagón informativo por parte dos medios galegos, mais para combatelo proxectarase en máis de 300 puntos de toda Galiza, fixéronse 2.000 copias para distribuír en DVD, e está na rede para poder descargar de balde (en só uns poucos días en www.haiquebotalos.com xa se fixeron máis de 25.000 descargas).
Gustaríame que lle botasen unha ollada a algunha destas curtametraxes para que, de ser posíbel, comentasen no seu programa algo sobre a situación social que vive Galiza e a deran a coñecer ante a opinión pública do Estado español (recoméndovos, por exemplo, as curtas Carretaxe, ¿Nunca Máis?, Punto final, etc.).
Esta película non é de ningún partido político (nin se pode facer uso partidista dela), senón que nace de colectivos sociais co único fin de que a xente vote para "botar" a Fraga do Goberno galego.
Ligazóns:
Hai que botalos (Información e descarga da película)
Arredemo
Moitas grazas pola atención e un saúdo.
Para: cronicasmarcianas@telecinco.es, pecadooriginal@telecinco.es, cqc@telecinco.es, tnt@telecinco.es.

26/05/2005 17:52 Enlace permanente. Hay 4 comentarios.
30/05/2005
Prensa de circunstancias e á medida
O de onte (domingo 29 de maio) de El Correo Gallego pode deixar coa boca aberta a calquera. Isto si que é prensa comprometida (e menudo compromiso!).Sei que en filosofía este tipo de traballos teñen un nome, mais non lembro cal é. Primeiro fanse as conclusións ás que hai que chegar (por estúpidas que estas sexan, como é este caso) e logo hai que ir buscando datos (como se poida) para que as argumentacións poidan adaptarse ás conclusións (feitas a priori). Esta metodoloxía, as cousas como son, utilízase bastante..., agora ben, nunca vin nada tan pouco disimulado (que caradura!).
Pois si. Citas textuais:
"Toda unha serie de enfermidades, desde o asma até o cancro, ao chegar á vellez, ralentízanse ou incluso remiten".
"Un dos mitos do pouco que os maiores poden achegarlle á sociedade comeza a desmoronarse. Moitos deles manteñen a súa plenitude creativa bastantes anos despois da idade de xubilación".
"Que valora máis dun líder político? Do 90% ao 96% privilexian primeiro a capacidade intelectual; segundo, o estado de saúde; e terceiro, a capacidade física.
"Aos 40 anos un acerta ou comete torpezas. Se falamos de política, ás veces, irreparables. Aos 40 pódeche a vitalidade. Aos 80, neste ordenador -sinala a cabeza- está arquivada a nosa bagaxe, a nosa experiencia. Non repites os mesmo erros".
"A idea de que Manuel Fraga sexa o candidato do PP ás autonómicas galegas non gusta á oposición e para isto a súa estratexia baséase na inapropiada idade do León de Vilalba para exercer como presidente da Xunta. Os exemplos documentados a continuación (e falan de Picasso, Chiang Kai-Chek, Teresa de Calcuta, Fidel Castro, Strom Thurmond, Gianni Agnelli, Mitterrand e moitos máis músicos, pintores, poetas, escritores, etc.) demostran que esta estratexia está baseada en desexos, non en datos científicos".
Conclusión: Obxectivamente, Fraga, debido aos seus 82 anos, é o mellor candidato, pois Quin ou Touriño, ao andar polos corenta e pico ou cincuenta non farían máis que cometer torpezas, se cadra irreparábeis."
Todo este rigor informativo está aquí.
30/05/2005 12:00 Enlace permanente. No hay comentarios. Comentar.