Se muestran los artículos pertenecientes a Junio de 2006.
06/06/2006
Datos, museos e artes

De onde eu son, somos, segundo o censo de 2004, 749 habitantes (387 mulleres e 362 homes) e estamos distribuídos en 13 entidades de poboación.
Non sei exactamente o número de asociacións que temos, pero 7 xa as conto eu. Isto é, hai, cando menos, unha asociación por cada 107 habitantes.
Entre outras cousas, temos tamén dous museos, un deles moi ambicioso e de pouco éxito e difusión, e o outro, noso, de moito éxito (aínda que de momento, de tamén pouca difusión).
Para seguir cos datos, temos un museo por cada 374,5 habitantes (isto é, un museo por cada 193,5 mulleres e por cada 181 homes).
No que temos pero que non é tan noso, o Museo do Gravado de Artes, xa estivo un tal Goya e un tal Dalí, un tal Velázquez, un tal Van Dyck, etc., e proximamente disque estarán Miró, Rubens, Hogarth... Eu non puiden ir velos, pois cando estou por alí, os domingos, o museo está pechado. A maioría dos meus veciños e veciñas tampouco foron á maioría das exposicións, pois os que foron xa se encargaron de comentar que non valía a pena, que pouco había que ver. Quizais isto non sexa para nós.
No que tamén temos e que si é noso, o Museo Etnográfico de Artes, estamos todas e todos representados. Hai máis de 1.100 pezas da casa da Carballeira, da casa da Pataca, da de Domitila, da de Viñas, da de Orellán, etc., etc., etc. O sistema de restauración, catalogación, etc., tamén é noso... Se queredes velo, pasade por alí. Quizais o único que lle falte é un pouco máis de difusión e quizais tamén un pouquiño máis de implicación do Concello e dos centros de ensino da comarca, pois cómpre que se fagan visitas guiadas cos nenos e nenas dos colexios.
No resto do concello non hai máis museos, pero a sensibilidade da corporación, nomeadamente do concelleiro de "cultura e festexos" (non é por putear, así se chama a súa concellaría) impulsará proximamente un, "para dar cabida a las muñecas ataviadas con trajes "regionales" confeccionadas por nuestra hija adoptiva Magdalena Bringas, presidenta de la Asociación de Amas de Casa".
22/06/2006
Sarabanduxa

5 de agosto
Boiro
>Lamatumba >Tokyo sex destruction >El columpio asesino >Phantom Club >Haiku >Nao >Actividades deportivas >Zona de acampada >Graffiti >Proxeccións audiovisuais >Paintball >Asociacionismo >>>E moito máis
Organizan: Galiza Nova do Barbanza, Arelas, Nova Barbantia, Cruz Vermella Xuventude, Concellaría de Mocidade do Concello de
Boiro e Dirección Xeral de Xuventude da Xunta
30/06/2006
Per loca

PRESENTACIÓN MUNDIAL DA PER LOCA
- Galegoz
- Safari Orquestra
- Zënzar
Sábado 1 de xullo
Praza do Concello
Carballo
Todo en: http://www.komunikando.net/komunikando/
QUE É?
- Punto de encontro de música galega non subvencionada
- Foro de debate para cuestionar o panorama vixente, recoñecer carencias, crear unha base estrutural…
- Concertos
- Discos
- Compañía do ruído, Matraca perversa, Banda potemkin, Dandy fever, Dios ke te crew, Galegoz, Lamatumbá, NonResidentz, O Leo i arremecaghona, Projecto Mourente, Ruxe-Ruxe, Safari orquestra, Skacha, Skárnio, The homens, Zënzar, e moitos, moitos máis...

